Comezarei a comentar as carreiras de F1, mágoa qie non empezara desde a primeira carrera, pero máis vale tarde que nunca.
Agardaba que fora a carreira que puxese a Vettel ao fronte do Mundial e vai e sucede o peor. O mellor é que isto vai facer mudar moito as cousas en Red Bull. Teñen que decidir si apostan pola xuventude do vai facer historia na F1 ou por un piloto veterano ao que lle queda moito na Gran Circo. Si Vettel non vai estar cómodo en Red Bull vanlle sobrar equipos que o queiran.
De F. Alonso pouco se pode decir, salvo que xa tardou pouco en comezar a dubidar do seu coche. Ónde estan aqueles que decían que el evolucionaba o coche como nadie, que o binomio Alonso-Ferrari ía ser imparable? Sin Alonso, Renault crece como ningunha escudería. En Mclaren non encaixou e en Ferrari vai polo mesmo camiño. As mellores escuderías acáenlle demasiado grandes e o mito de que é o mellor piloto da F1 cáese por momentos.
O último comentario é para o Kaiser, está a pouco de acadar o primeiro podio do seu retorno. Non creo que poida loitar polo campionato, pero está a demostrar que co traballo constante se logran obxectivos. Ánimo Schummi.