ttf en GNU/Linux

Normalmente traballo con múltiples tipos de fonte para facer diseños co Inkscape ou para facer textos máis atractivos á vista, pero traballar con ttf’s libres pode dar ao traste tanto traballo estético cando se pase o mesmo a terceiros. O normal é que mande pdf’s, pero cando se trata dun texto que pode sufrir modificacións por eses terceiros, ao final teño que traballar con fontes que sepa que as vai ter. Sería moi engorroso adxuntar tamén a ttf no envío, non sí?

Ao traballar con GNU/Linux non hai un apartado ou programa que o faga directamente, así que eu emprego dou comandos:

1ª.- Na terminal escribir: gksu nautilus /usr/share/fonts

usr-share-fonts

Aparece unha ventá emerxente onde se almacenan as ttf e xa está, copiamos e pegamos, pechamos a ventá e a terminal e xa podemos disfrutar de todas as ttf en todos os programas.

2ª.- Na terminal escribir: sudo nautilus /usr/share/fonts . O proceso é igual.

Como este proceso pode ser un lío, cabe un truco que o simplifica. No escritorio clicamos no botón dereito do rato e eleximos crear iniciador (o que os windoseiros coñecen como enlace directo), escribimos o comando gksu nautilus /usr/share/fonts e gardamos. Agora temos un icono no escritorio para que cun simple clic podamos instalar ttf’s.

iniciador

Si ese icono o movemos para a barra de ferramentas, moito máis limpo quedará o noso escritorio.

escritorio

Ésta é unha mostra máis de como con GNU/Linux as cousas son tan sinxelas ou máis que con Windows, hai que perderlle o medo, deixar de ser prisioneiros do imperio de Bill Gates e apostar pola liberdade.

Un saúdo. Xosé.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s