Moitos poden pensar que como GNU/Linux é un S.O. libre nel non poden funcionar famosísimos programas que habitualmente funcionan en Windows. Pois nada máis lonxe da realidade e un dos casos máis claros é o Skype. Este programa de comunicación é sen dúbida o mellor dos que hai na rede, dalle mil voltas ao messenger pola calidade de imaxe e de són, polas tarifas a teléfonos fixos e sobre todo porque non é de Microsoft.
Vou explicar cómo se descarga e instala nun S.O. Ubuntu, porque son é distro máis común e porque funciona en Trisquel, o único GNU/Linux 100% libre e galego. Outro día falarei das distintas distros que probei.
O primeiro será ír á web de Skype: www.skype.com. Na sección de descargas escollemos GNU/Linux (realmente pón Linux, pero ésa tamén é outra historia que contarei outro día que me estea a aburrir) e clicamos en Ubuntu 7.04-8.04. Non hai problema si temos outra versión, eu probeino en Ubuntu 9.04 e en Trisquel 2.1 e funcionan perfectamente.
Logo de ter descargado o paquete non temos nada máis que clicar dúas veces sobre o mesmo (sí, como si fora un exe de Windows).
Arrincará inmediatamente o xestor de paquetes, dámoslle a aceptar e xa temos instalado o Skype en GNU/Linux. O seguinte-seguinte non é territorio exclusivo de Microsoft e hoxe en día podemos traballar perfectamente a maior parte do tempo mediante o entorno gráfico, sin ter que acudir ao terminal.
Un saúdo. Xosé.