Paseime a Kubuntu 9.04

Tiña certo reparo en abandonar a distro Trisquel 2.1 porque é 100% software libre e porque naceu na Universidade de Vigo e sempre hai que tirar para a casa, sobre todo si tamén está 100% en galego. Pero resulta que mirei nalgún sitio que a comunidade de traducción de Kubuntu ao galego esta terceira no Mundo, cun 99% de traducción. Sempre quixen probar o escritorio KDE, así que sumado á frustración de non poder solucionar o problema para imprimir arquivos pdf por culpa dun conflicto co Apple Bonjour, tiña todos os factores para dar o paso. Non podo ocultar que activar os efectos 3D tamén eran un caramelo moi apetecible que podería deixar parvos a moitos usuarios de Windows.

Non o dudei nin un segundo e fun á web de Kubuntu para descargarme a versión 9.04 (inclúe xa a versión 4 de KDE). Foi un erro porque o driver para a miña ATI Radeon Mobility X600 na versión 9.04 non vai todo o ben que desexaría e tiven finalmente que deshabilitar os efectos 3D á espera de futuras actualización. Calqueira das versións 8 terían evitado este problema, pero preferín probar as novidades de KDE 4. A web está en inglés, pero a distro que se descarga de seguido da a opción de instalar en galego.

O máis alucinante de instalar un novo sistema operativo GNU/Linux é a rapidez do proceso. Cando empregaba o Windows XP debía reservarme unha tarde e preparar o estuche de instalación, cuns dez ou doce cd’s que ían desde o do XP ata os drivers do hardware, pasando por diferentes programas que consideraba imprescindibles (Office, Corel Draw e Photopaint ou Nero, por exemplo).

Isto non sucede con GNU/Linux e proba diso é o caso do que falo hoxe. Desde que coloquei o cd de instalación ata que me apareceu o escritorio pasaron, medidos polo reloxo, vinte minutos. Comecei ás 18.31 horas de onte e rematei ás 18.51 horas. Esta instalación inclúe xa a descarga dos paquetes de idioma galego (faino automáticamente), a configuración do hardware (són, vídeo…) e o paquete de programas por defecto: Openoffice (tratamento de textos, folla de cálculo, presentacións e debuxo), Dragon Player (reproductor de vídeo), Amarok (reproductor de audio), Konqueror (navegador web), Okular (visor pdf) e varios programas máis aos que tampouco lles dou demasiada importancia.

Para ter o ordenador 100% ao meu gusto tiven que recurrir ao Kpackage Kit, o Synaptic de KDE, ou sexa, o xestor de paquetes. Para os que non o entendan, simplemente é o xestor que instalar e desinstalar programas. Busquei o Gimp (editor de imaxes), o Inkscape (deseño vectorial) e, por suposto, o Amule (ainda que xa ven instalado por defecto un bittorrent.

Como emprego o Xmarks no Firefox (xa falei del noutra anotación), preferín descartar o uso do Konqueror e instalar o navegador de Mozilla. Só hai que ír á web de Mozilla, descargar a versión para Linux e practicar o cómodo sistema do seguinte-seguinte.

Mismo proceso para o caso do Skype.

Só me quedaba fedellar hasta as tantas para darlle o estilo visual que máis me interesase. Incluín dous paneis, o inferior para os menús e programas abertos e o superior para os iconos dos programas máis habituais. Logo insertei o widget de escritorio para que cada día vexa a viñeta de Vergara (hai moitísimas opcións, desde Garfield ata a Tira Ecol).

Non podía deixar de instalar o paquete de xogos de Gnome, porque sinón Sandra e o meu sobriño Miguel non mo perdonarían. Só quedaba instalar os codecs para escoitar os mp3 e algún formato de vídeo, como os flv de youtube.

O resultado visualmente é impresionante e non ten comparación con calqueira escritorio Gnome.

captura kubuntu

Habituado ao escritorio Gnome, máis austero e cunha distribución diferente, ao principio estaba algo desorientado. Pero en canto se fedella un pouco e se personalizan os accesos ao gusto todo resulta máis sinxelo. Penso que podo decir que a última versión de Kubuntu é a mellor opción para os novatos nisto do GNU/Linux e que pouco a pouco irá collendo máis adeptos. Non digamos xa si podemos despregar todas as maravillas do escritorio 3D.

captura2 kubuntu

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s