Estou canso das manipulacións

Comezou coa Voz de Galicia, xornal que me nego a consultar desde o pasado mes de Marzo. Agora é o Faro de Vigo que ten que seguir a voz do que lle da de comer, non vaia ser que teña que desaparecer, sobre todo porque é un xornal que vai en caida libre no seu índice de ventas.

Hoxe vexo o seguinte titular: LA MAYORÍA DE PADRES PREFIERE QUE SUS HIJOS ESTUDIEN CASTELLANO EN PRIMARIA Y SECUNDARIA.

Lémbrome daquelas clases de ética periodística que se daban en CQC nos seus primeiros anos e tomarei com exemplo aquel formato para expresar o que penso dese titular.

Titular sin cortapisas, expresando o verdadeiro sentimento do xornal: ALGUNOS PADRES QUIEREN EL CASTELLANO COMO IDIOMA, LOS DEMÁS QUE SE JODAN

Titular éticamente correcto: EL 33% DE LOS PADRES PREFIEREN EL CASTELLANO FRENTE A UN 25% QUE OPTAN POR EL BILINGÜISMO

Deixando de lado a dubidosa validez da enquisa polo extraño proceder da mesma (eu, particularmente, preguntei á maioría de pais que coñezo e todos puxeron que ambos idiomas por igual), quizáis debería a Consellería de Facenda preguntar aos galegos si queremos pagar impostos, ou cal debería ser o salario dos políticos e actuar en consecuencia.

O galego é o noso patrimonio máis valioso, si queremos que nos domine a diglosia e nos avergoñamos do que somos, dificilmente poderemos reforzar a nosa autoestima e acabar percatándonos de que somos un pobo que sabe sair adiante sin axuda, porque nunca a tivo e non a precisa.

Eu opto pola defensa do meu idioma, o que non quere decir que opte polo monolingüismo. Quero que os meus fillos aprendan o castelán, o inglés e o galego, como mínimo. Pero estou seguro que si non lle deran clases en castelán, acabaría falándoo. É un idioma que está presente en todos os eidos da nosa vida. Non temos oferta de cine en galego, a maioría dos xornais escríbense maioritariamente en castelán, todos os canais de televisión teñen programación exclusivamente en castelán agás a TVG e a TVE, os envases veñen íntegramente en castelán (agás os do EROSKI). Cómo non ía aprender o castelán un rapaz?

Pola contra, si non se ensina o galego nos colexios, ónde o aprenderán? O que máis me dou é ver a unha nai ou unha avoa falar ao seu fillo/neto en castelán cando son galegofalantes. Dalles vergonza falar o seu idioma porque o consideran un retraso. Moitos anos de represión non se poden curar nuns poucos anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s