Democracia Real Xa

Hoxe puiden comprobar in situ que a acampada na Farola de Urzáiz, novo símbolo da Democracia e a Liberdade no Concello de Vigo, está a ter un éxito considerable. Ata o de agora son moitos os que buscan a integración dos indignados e por fin as miles de mensaxes que circulan por internet chamando á rebelión se concretizaron na rúa.

Non podo negar que isto non tería sido posible sin as novas tecnoloxías. Pero de pasar a escribir ou reenviar un correo electrónico ou clicar nun “Asistirei” no FB a sair á rúa e mostrar públicamente o enoxo había un paso que eu, descreido a base de levar paos día sí e día tamén, pensaba que non ía producirse. Bendito equívoco.

Cheguei iniciada a asemblea e non puiden comprobar si se falaba do debate que se produxo entorno a si se debe prohibir ou non unha chapa no perfil do FB por ser dun partido político. Sempre me gustou aquela proclama revolucionaria da que se quizo apropiar o PP: “Prohibido prohibir”. O meu blog naceu co nome de “Coa Estrela na frente” porque estaba farto de que se me etiquetase alí a onde fose e se me xuzgase precisamente por iso. Eu non me avergoño do que són e nin se me pasaría pola cabeza coartar as manifestacións públicas da súa ideoloxía a outras persoas.

A base de debatir e debatir (deben correxirse as recurrentes descalificacións e insultos dalgúns) comprendín perfectamente o medo dos acampados, pero de ahí a censurar a imaxe dun perfil… paréceme excesivamente paranóico. Gustaríame ter tirado unha foto na Farola de Urzáiz de tres persoas, unha co pin do PSOE, outra co pin do PP e unha co do BNG sobre una pancarta que dixera: estamos fartos da falsa democracia. Pero respeto as opinións contrarias. O caso é que cando cheguei puiden comprbar como había xente con camisolas do Che Guevara, gorras cunha enorme estrela vermella e mesmo un vello cartaz de NUNCA MAIS e a nadie me pareceu que lle molestara. Perfecto, a dureza seica que queda reservada para escribir no FB.

Escoitei con atención as diferentes intervencións, unhas máis afortunadas que outras, pero temos que entender que é o povo sin preparación o que tivo que sair ás rúas. Pedir a un pai de familia que traballa de 8 a 8 que ainda por riba teña facilidade de palabra ante as masas xa é excesivo. O mesmo me sucede a mín, a miña personalidade introvertida impídeme sair a coller un micrófono e expoñer as miñas inquedanzas ante tantos descoñecidos, algo insólito para alguén que traballa tanto en colectivos moi numerosos. E no apartado de vivenda tiña moito que decir, pero non tiña nada preparado e ese pudor me impediu actuar. Tentarei correxilo con traballo e colaboración.

Por iso mesmo incrementóuse a miña desilusión polo rápido que se pasou polo problema da vivenda, un eixo fundamental que está garantido no artigo 47 da Constitución Española. Algo similar sucedeu coa separación de poderes, pero é que é un tema o dabondo complexo como para deixalo en mans de xuristas experimentados.

Apreciei importantes contradiccións que supoño que se irán correxindo co tempo. Por exemplo, unha persoa falou de que estaba canso de ir ao Concello e que nadie lle atendera, para deseguido propugnar a reducción de cargos públicos. A menos cargos públicos, menos capacidade de atender á cidadanía. Non é un problema de cantidade sinón de calidade. Un político non é malo polo feito de ser político, sinón pola mala execución das súas responsabilidades. Eu falei con Alcaldes que non saian do despacho por atender aos cidadáns, o que lle impediría seguramente estar noutros lugares onde defender os intereses dos seus representados ou mesmo patearse o seu concello para palpar as demandas a pé de rúa.

Gustóume a proposta de unificación de concellos. Hai por ahí un blog veciño que o demandou máis dunha vez. Curiosamente o BNG o levaba como proposta na campaña das pasadas Autonómicas. Pero é que moitas demandas de DRX son bases programáticas do BNG e se teñen debatido en máis dunha Asemblea Nacional. Pero iso seica está mal visto porque pode resultar partidista. Pois claro, só faltaría que a aquel que leva anos predicando no deserto se lle pegue un cobadazo e se lle diga: tí cala que agora vou eu. Pola contra, non observei ningún movemento no BNG para tentar apropiarse do “movemento” (xa recalquei varias veces que non me gusta esa palabra, pero non atopo outra, cando a atope a mudo), pola contra no pasado outros movementos teñen tentado apropiarse da capacidade de traballo e compromiso dos militantes do BNG para sacar tallada publicitaria. Alédome de que neste caso non sexa así e respeto a opción do desmarque.

Outra contradicción é que se critica a corrupción e mala xestión dos políticos e logo se propugna a xestión pública como forma de prestación de servizo. Líbreme o Demo de que eu defenda políticas privadas da xestión, só introduzo unha variable mixta: Si público é a xestión por parte dun estamento político, mal, si privado é a xestión duns poucos amigos dos que conforman o estamento político, tamén mal. Os conceptos así entendidos de público e privado deben descartarse e adoptar un novo concepto. O público é aquelo xestionado pola cidadanía en colectivo: cooperativismo, señores. E diso eu podo falar algo, polo menos no tocante á vivenda. Privado tamén é o cooperativismo.

Si extrapolamos este concepto á banca, falamos de cooperativas de creto e da orixe das caixas. Pero non nos enganemos, a perda de xestión colectiva das caixas non é culpa da banca nin dos políticos, foi dos cómodos aforradores que querían que outra persoa lles fixera o traballo. Por iso delegaban o voto nas asembleas, o que acabou por quitar o poder de decisión ao povo, por inacción deste.

Iso mesmo se pode decir da xestión do monte. Decir que está abandoado non é certo nin tampouco culpvo a de ningún político. Novamente foi a sociedade a que se acomodou e non se preocupou de formarse para poder tomar as decisións oportunas que beneficiasen ao colectivo.

Sí que é culpa dalgúns políticos a contínua defensa do individual sobre o colectivo. Iso túmbase cunha frase moi empregada nas asembleas das cooperativas e colectivod nas que participei: OA busca do beneficio ao colectivo redunda no beneficio ao individuo. Pola contra, a busca do beneficio individual perxudica ao beneficio colectivo e finalmente no propio.

Outro debate que non me gusta. Que si se é de esquerdas ou de dereitas. DRY busca a transformación como xeito de mellorar as cousas. Iso é progresismo, pero non como concepto apropiado por determinados partidos que se consideran de esquerdas. Trátase de efectivizar políticas transformadoras que redunden nunha mellora das condicións de vida da cidadanía, sobre todo da máis desfavorecida. Etiquetar iso como de dereitas ou de esquerdas é como tentar etiquetar un gol pola escuadra como ser do Barça ou do Madrid. Pois eu són do Celta e do Dépor, carallo.

Ben, como reflexión na Xornada de Reflexión non está nada mal. Quedáronme moitas cousas no tinteiro, pero xa é tarde de máis como para repasar o texto. Por algures teño un pequeno borrador dun manifesto en favor da terceira vía fronte ao público e ao privado. Verei si o atopo e retomo o traballo nel.

2 opinións sobre “Democracia Real Xa

  1. hay alguha plata forma de demogracial real xa poderia ter un telefono quen me poderia informar querome sumar pois teño pbproblemas no concello de baiona

  2. Gústame moito cando dis no penúltimo paragrafo se DRY é de esquerdas ou de dereitas.

    De tódolos xeitos penso que o manifesto que sacou a plataforma DRY saca propostas que non teñen que ver coa rexeneración democrática se non con medidas económicas nas que, penso, non debería entrar xa que iso é función do programa que presente cada formación política.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s