Reflexións entorno á entrevista a Beiras na Ser

Entre o final dunha plácida xunta de propietarios e a chegada á praia de Meira, tiven a ocasión de escoitar a entrevista que a cadea SER realizou a Xosé Manoel Beiras o pasado Domingo. O meu tocaio (como pode lerse na adicatoria que tiven o pracer de obter na lonxana Asemblea Nacional do BNG celebrada en Ferrol e á que asistín, daquela, como convidado) sondeou a situación do BNG. O bloque é a súa casa, non no sentido dun propietario, sinón do punto de vista do arquitecto. Non se pode entender a existencia do BNG e os seus éxitos sin a figura do Beiras.

Pero ese pasado e aqueles tempos gloriosos non dan nin quitan razóns. Beiras hai tempo que ten acusado o escaso respaldo que a militancia lle deu cando lanzou un pulso á Executiva Nacional. Lamentablemente, éses que tanto abrían a boca situándoo nun pedestal, á hora de darlle un respaldo cando o precisaba, calaron ou simplemente non apareceron.

Tamén numerosos militantes e simpatizantes se deixaron guiar polos cantos de serea de persoeiros alleos á familia nacionalista. Eses persoeiros decían onte que era preciso que Beiras se retirase e que había que renovar a portavocía, porque el restaba avance ao BNG e ao cambio necesario na Xunta. Cando se produxo o cambio, mudóuse o discurso e pasóuse ao de que Beiras era un baluarte que non se podía ignorar e que as súas verbas eran sabias. Porqué ese cambio de opinión? Si analizamos os momentos e os discursos só existe un nexo común: A UPG. Dóelle a moitos que todavía exista xente que crea que as políticas transformadoras se podan realizar, que crean que a utopía pode ser posible. Pero o que máis lles doe a moitos é que nese reflexo se pode ver que os que queren acaparar o voto da mal chamada “esquerda” defenden ao fin e ao cabo políticas neoliberais, encubertas da tamén mal chamada “socialdemocracia”.

Visto así, o curioso é que Xosé Manoel Beiras é a personaxe política con máis ideas transformadoras e sociais do panorama galego. A súa permanente presenza no Foro Social así o atestigua. É chocante, xa que logo, o seguidismo que adoita realizar das proclamas de Máis Galiza.

O feito é que nun proceso no que se somete a votación un acordo, a parte que obtén un vinte por cento non pode decir que a parte que obtén o cincoenta por cen está a “impor” o seu criterio. Ou algo me perdín ou nun proceso democrático triunfa a decisión maioritaria. Xa sabemos que o consenso é o ideal, pero tamén sabemos que non sempre é posible.

Análise aparte é o eterno debate do asemblearismo. Debo recoñecer que fun un fiel seguidor do mesmo, até que puiden comprobar que na pasada Asemblea Nacional houbo máis presenza da militancia que na edición anterior. Isto pode facer concluir que si na vindeira Asemblea Nacional se retornase ás portas abertas a toda a militancia, a loxística sería desquiciante. Pero tamén é certo que para a vindeira Asemblea Nacional o debate non é ése, hai consenso en que debe haber un delegado por militante. Xa veremos qué asistencia se produce e qué grao de tensión lle acompañará.

En conclusión, Xosé Manoel Beiras ten un ego tan inmenso que non entra na mesma sala que outros persoeiros destacados do BNG. Leva moi mal que as súas teses non sexan comparrtidas pola maioría social do BNG até tal punto que na pasada Asemblea Nacional preferiu negarse ao consenso coa ApU para non darlles folgos, reforzando ao grupo que o ninguneo e lle negou a presenza que se merecía.

O futuro do BNG está no debate interno e na proxección ao exterior de unidade, pero para iso debe aceptarse que a posición maioritaria é a común e os renglóns torcidos, si ben poder ter cabida, non poden deturpar o discurso acordado pola militancia.

Ademáis, hai moitos militantes e dirixentes locais que poden pasar anos sin falar de política interna. O seu é o munipalismo (odio ese concepto, pero acae perfectamente neste caso), pero cando se aproxima unha Asemblea Nacional énchelles a boca para denunciar falta de participación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s