Os bandazos dos que escoitan a quen non deben

Abandono a xeira de crónicas destes días para falar de algo tan serio como unha medida fiscal. Pode que a moitos non lle importe tal medida, pero é significativa de cara ónde imos si realmente non acabamos por organizarnos para pór fin a esta tolemia que é a sociedade política actual. E falo en primeira persoa do plural porque sigo firmemente convencido de que a sociedade é a que ten que producir o cambio no seu conxunto. Sin mudar a sociedade non se pode transformar ningunha estructura.

Onte me chegou a nova de que o Governo Central establecía unha reducción do IVE para a compra de vivenda nova, quedando éste no 4% até finais de ano. O máis sorprendente é que hai 13 meses ese mesmo governo estableceu unha suba do IVE reducido do 7% ao 8%. Cando o BNG demandou no Congreso dos Deputados que se establecese unha exención para as vivendas protexidas, o Governo dixo que diso nada. É seguro que moi pouca xente coñeza estes detalles, principalmente porque os medios de comunicación actúan como altofalantes dos partidos que impulsaron a súa creación. Xa que logo, o BNG só podería ter presenza no Xornal.

Entonces, no 2011 o PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero e Alfredo Pérez Rubalcaba deciden axudar dalgún xeito aos provocadores da maior crise financieira, e que non tardará moito en ser social, desde a Segunda Guerra Mundial. Bancos e promotores inmobiliaros resultan beneficiados desta medida e o Governo nin siquera lles esixe un tope no prezo de venta. Moi axiñamente se apresuraron a eliminar as axudas directas pola adquisición de vivenda protexida cando as cousas viñeron mal dadas, pero no momento en que o sector inmobiliario está nunha posición débil, o paso non é reformalo e adaptalo ás verdadeiras necesidades da sociedade, sinón que se lles da folgos para retornar ao punto que provocou a actual situación. É un bucle no que se empeñan en non sair porque así uns poucos se siguen lucrando co timo da estampita namentres a maioría se volve tolo por poder acceder a un dereito que se supón garantido pola Constitución Española.

Desta, os particulares que se creeron as milongas de que comprar un piso era mellor inversión, por ser máis segura e de maior rendabilidade, que os fondos de inversión ou a bolsa e que agora se atopan cunha vivenda en propiedade que non precisan, para o que non hai mercado e cun prezo que nadie pagaría si non estivese nun éxtase do “gaña cartos polo mero feito de ter cartos”, ven como desde o Governo non se conta co seu problema pero sí que se actúa en favor dos grandes especuladores. E porqué é isto así? Porque o IVE só se aplica na primeira venta dun inmoble. As seguintes transmisión están gravadas polo impostos de Transmisións Patrimoniais.

E non podo deixar de analizar este tema sin pór un exemplo global e imparcial para que todos xuzguen por sí mesmos:

Pepe acaba de cumprir 25 anos, ten moza desde hai 3 e leva traballando 2. Como todo bo fillo de veciño, considera que reúne as condicións necesarias para poder independizarse e comezar a facer vida coa súa moza, abandoando o fogar dos seus pais. Nun primeiro momento comeza a visitar inmobiliarias co fin de atopar un pequeno apartamento dun dormitorio no que comezar a experiencia. Os prezos son elevadísimos, a metade do seu salario se vai só no aluguer. Consulta cos seus pais e éste lle dicen: “Todos dicen que polo que pagas de aluguer te comprar un piso, ¿porqué non ves si atopas algo en venta? Ademáis, cando queiras vendelo para mercar outro máis grande, revalorizarase e o venderás por máis cartos do que o mercaches.

Primeiro erro: As hipotecas estaban moi baixas porque os tipos tamén o estaban, os diferenciais eran irrisorios porque existía moita competencia e os prazos se foran aumentando progresivamente dos habituais 20 ou 25 anos ata os 35 ou 40 anos. Pero é que para poder acceder a unha vivenda que tivese unha hipoteca parella a o prezo dun aluguer, o comprador debería desembolsar como mínimo uns 40.000 €, dos que Pepe non dispoñía. Naqueles intres se podía acceder a unha vivenda protexida de tres dormitorios con mellores condicións económicas que as citadas, pero nadie as construía. Xa que logo, Pepe mercaría unha vivenda dun dormitorio a prezo de tres dormitorios protexido, cun esforzo económico que supoñía que os seus pais lle prestasen cartos ou se metese nun préstamo persoal a pagar durante a construcción da vivenda. O banco aquí actuaba “axudando” a Pepe cun préstamo ponte, así durante a construcción non pagaba máis que xuros e logo o capital se sumaba á hipoteca. O resultado era que Pepe comezaba a pagar unha hipoteca cunha cota superior á prevista (e ao prezo de aluguer co que se comparaba inicialmente) e nunha vivenda que cubría a garantía hipotecaria cáseque no 100%. O peor era que si co aluguer tiña que dispor do 50% da súa nómina, agora xa superaba o 65%. Menos mal que tiña a nómina da súa moza, pero iso sería nos primeiros anos, logo todo irçia costa abaixo e celebraría o éxito da operación.

Segundo erro: Pepe se creeu que cando quixera vender a súa vivenda ésta valería máis, pero nadie lle dixo e non se deu conta de que a vivenda que quixese e necesitase mercar para sustituir á que vendía tamén sufriría esa revalorización. Xa que logo, acceder a unha vivenda de maiores dimensións e que cubrise as necesidades da súa unidade familiar íalle supoñer un esforzo ainda maior que coa compra do seu pequeno apartamento.

O resto da historia xa é máis que coñecida por todos e todas. Non só non se revalorizou a súa vivenda sinón que a burbulla inmobiliaria estoupou, o Euribor subiu e durante meses tivo que facer mil números para chegar a finais de mes. Ao final tivo que renegociar a hipoteca co banco para axustar a cota. Hoxepaga o mesmo que hai catro anos e ainda por riba o prazo da hipoteca aumentou. Pero o peor non é iso, acaba de recibir a carta de despido e comezará a percibir o paro. Qué vai pasar si lle pasa o mesmo á súa moza ou se lle acaba o paro e non atopa un novo traballo?

Namentres, hai quen sae na prensa decindo que non hai demanda de vivenda protexida e que a súa construcción lastra a posibilidade de construir vivenda “libre”. Nunca un adxetivo foi de uso tan inapropiado como éste.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s