Horas previas á conclusión da XIII Asemblea Nacional do BNG

Hoxe Sábado comezou a XIII Asemblea Nacional do BNG. Unha oportunidade estupenda para toparse con  vellos compañeiros nacionalistas as que se lles perde a pista co tempo. Un momento tan boi coma calqueira outro para recargar as pilas, porque sabes que non estás só, que non és unha triste minoría que sempre nada a contra corrente, complicándose a vida cada vez que expresa a súa opinión discordante coa “tendencia”. Iso é ser e sentir o BNG, polo menos até non hai moito tempo.

Ésta é a miña sétima Asemblea Nacional. Semellan poucas, mais son máis da metade para alguén que ainda non acadou a cuarentena e mira decorrer a treintena con tranquilidade. A de Ferrol fora tranquila e se debatían entelequias namentres a organización medraba sin aspiracións reais a governos institucionais. A de Ourense foi a do punto de inflexión, debate sin rencores, máximo teito eleitoral e a Declaración de Barcelona. En Coruña comezou a quebra, as posibidades de acadar incluso a Presidencia da Xunta eran máis que reais e o “Quintanismo” marcaba o seu nacemento. Nadie o sabía daquela. En Compostela o “retiro dourado” para Beiras mascárase internamente e non tiña porqué haber problemas. Era o tempo da “renovación”, mais tamén foi o do declive. E entonces voltamos a Compostela mediante o método do delegado. Alí a división era patente, organización versus institución. Novos elementos quería facer patente o seu oco nun momento en que a perda de rumbo do BNG era patente, pero o culpable sempre era o mesmo. Aquel ambiente descrito no primeiro parágrafo convertéuse para moitos nun enrarecimento no trato, dun desconfiar do próximo e nun confiar o dito polo alleo, nomeadamente medios de prensa para nada afíns coas teses politicas do BNG. O inimigo na casa.

Así, a XIII Asemblea Nacional do BNG ten que marcar un novo punto de inflexión. Lanzóuse un órdago público que ten que ser resolto para centrarse no verdadeiramente importante: adicarse a transformar a sociedade.

Hoxe, durante os turnos previos á aprobación do informe de xestión poidemos escoitar as opinións de máis de cincoenta militantes. Uns máis críticos coa “corrente oficial” e outros cansos dos “discordantes”. Hai cansanzo na militanza en canto a que se aireen as controversias que, por outra banda, logo non se tratan nin expoñen nos órganos internos da Fronte. Moitos militantes siguen co medo á “U”, como si ésta fose unha sorte de entelequia, lenda urbana ou superstición que sempre ha de perseguir ao BNG ata a súa cura mediante a extirpación.

Falóuse da “maioría do 51%” e de “aniquilación das minorías”, obviando o que o transcurso das votacións deixou patente: Máis do 66% da militancia presente (a que non asistiu ela saberá porqué demanda debate e logo non participa del) aprobou o informe de xestión. Antes do debate en comisións a organización aceitou ou transaccionou a maioría de enmendas apresentadas. As dúas correntes minoritarias e críticas na prensa e nos tempos próximos a asembleas nacionais adicáronse a apresentar votos particulares descartados logo para a apresentación conxunta dunha enmenda á totalidade, para acto seguido deixar de apresentar calqueira enmenda ao texto maioritario.

Cabe reseñar a especial responsabilidade do Movemento Galego ao Socialismo. Apresentaron voto particular e o mantiveron na Asemblea Nacional, mais tamén apresentaron enmendas ao texto orixinal para o seu debate. Iso é exercer o dereito ao debate e iso son ganas de acadar consensos. O demáis son novamente entelequias para xustificarse. Falo de reclamar debate e non participar del. Falo de solicitar asemblearismo e logo ningunealo con ausencias. Falo de predicar a democracia interna e logo pretender impoñer un sentir minoritario en base a determinadas “efectividades electorais”.

Non se trata máis que de enfrontar dous xeitos de ver o obxectivo político. Fronte ao resultadismo e a pretensión de mudar as cousas desde as institucións (comezar a casa polo tellado) atópase a pretensión do reforzamento da organización, a consolidación do discurso, co fin de transformar a sociedade para que acepte as bases políticas que promulga o BNG desde a súa fundación, sin ter imprescindiblemente que pasar esa fórmula pola consecución de cada vez máis cotas de poder en forma de representación institucional. Trátase de distinguir un BNG de “mais institución” ou de “máis organización”.

En fin, mañá será un longo día. Só desexar que de volta a casa as diferencias se esvaezan e todos volten a remar para o mesmo lado. Acabáronse as bromas. O resultado será común a todos e a todas. Non estaría de máis que a maioría da militancia explicitáramos esa vontade antes de averiguar o resultado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s