Conclusión da XIII Asemblea Nacional do BNG

Sempre se dí que os políticos son o fiel reflexo da sociedade que os elixe e o BNG, como forza democrática na súa organización, non deixou esta fin de semana de expresar numéricamente unha polarización que se está a vivir en demasiados eidos  da nosa vida. Afortunadamente sempre hai unha terceira vía que alumea a esperanza de que non todo é branco ou negro e que non debemos radicalizar as nosas ideas para sentirnos arroupados nun colectivo maioritario.

Nunca no seo do BNG se vivira unha votación tan axustada. A miña militancia no BNG naceu nun tempo no que a verba “consenso” era o tónica xeral, na que os personalismos quedaban na casa ou  polo menos se minoraban ata permitir a convivencia. Logo chegou o medre eleitoral, a consecución de cota de poder e o deterioro polo exercicio de governo. Cunha masa afín moi crítica e concienciada os erros páganse demasiado pronto e con demasiada desproporción. Baste observar o grao de crítica que recibiu a xestión na Xunta, cando nunca houbo conselleiros tan comprometidos co país, nunca se prantexaron propostas tan radicalmente distintas á orde establecida e nunca se deixou de apostar por políticas transformadoras fronte a políticas eleitoralistas.

O caso é que nunha masa concienciada a quebra ideolóxica é máis patente e nunha adormecida, conformista e interesada a unión é firme, sen fisuras. Non terei que ser eu quen cite agora exemplos de ambos casos. Por iso o modelo do BNG era un exemplo a seguir, algo que moitos miraban con envexa. Outros nos seguen mirando con desconfianza e con ganas de vernos fracasar, polo medo á perda das cotas de poder acadadas. Éses mesmos son os que poñen pedras no camiño do que ven como alguén diferente, como un rival perigoso que hai que destruir para acadar a supervivencia do status acadado.

A militancia falou, quere unha fronte transformadora, que non perda as súas señas de identidade para “homoxeneizarse” co resto dos partidos en favor da consecución de cada vez maiores cotas de poder. O noso Portavoz Nacional o dixo hai dous anos: ante o imitador e o orixinal a xente adoita escoller o orixinal. O traballo do BNG debe ser transformar a sociedade, pedagoxía fronte a marketing, como ben nos tivo que decir Bautista Álvarez. Tamén deixou patente a militancia que está cansa de debates e comunicados na prensa sobre asuntos que se deben barrer de portas para adentro, veña de quen veña. A militancia do BNG non distingue entre militantes de base e líderes históricos, todos teñen os mesmos dereitos e deberes e nadie é imprescindible.

Non podo deixar de resaltar que o debate, presente minoriariamente en todas as asembleas na que asistín como militante, sobre a idoneidade ou non da organización mediante delegados das Asembleas Nacionais do BNG que se orixinou nos últimos anos permitíunos revitalizar a participación nas mesmas. Si na XI Asemblea Nacional participaron apenas mil militantes e na XII Asemblea nacional (a dos delegados) cáseque dous mil, a XIII foi a da masiva participación: cinco mil trescentos inscritos  e algo máis de catro mil asistiron. Si ben é certo que no proceso de debate de textos en comisións a participación foi duns mil militantes e na fase previa á votación para o nomeamento de membros do Consello Nacional e de candidato á Presidencia da Xunta foi duns tres mil.

Guillerme Vázquez falou da non existencia de vencedores e vencidos, Carlos Aymerich dixo que os textos aprobados non eran os presentados por el pero que agora eran seus e que seguiría no BNG loitando pola transformación do país e por posibilitar que o seu amigo Francisco Jorquera fora o próximo Presidente da Xunta. Nas nosas mans, os militantes do BNG, está a posibilidade de construir a alternativa real que decidimos entre todos e todas ou deixar gobernar catro anos máis aos creadores da crise.

Queda o traballo nas comarcais para configurar definitivamente o órgano de dirección que nos ten que levar polo bo camiño. Sin atrancos no camiño e tirando todos con forza e para o mesmo lado acadaremos o obxectivo de transforma á sociedade e non que ela nos transforme a nós. ADIANTE CO BNG!

Advertisements

2 opinións sobre “Conclusión da XIII Asemblea Nacional do BNG

  1. Oxalá fose tan sinxelo como ti o contas pero, sospeito que o ambiente resultante desta asemblea será cada vez máis irrespirable para os que pensamos diferente, para os que queremos interactura coa sociedade galega do século XXI, e sobre todo para os que queremos escoitar a esa sociedade.
    Oxala que quen ten a responsabilidade de xestionar este complicado BNG que queda, teña a lucidez e man esquerda suficiente…

  2. Antonio. Sinxelo non é a verba para definir o meu texto, sinón optimista. Chámame inocente pero són dos que pensa que malas persoas ben poucas hai.

    A situación interna do BNG é un debate que debe resolverse e tratar no BNG, polo que non entrarei a valorar iso no meu blog.

    Si pensas diferente ao BNG lóxicamente terás unha situación incómoda no BNG. Supoño que no resto dos partidos sucederá o mesmo. Si queres interactuar coa sociedade do Século XXI, no BNG tes sitio. Si queres escoitar á sociedade, no BNG tes sitio.

    Sobre estes dous eidos basta mirar un pouco atrás e recordar cómo unha parte da sociedade, na rúa, reclamou que os políticos deberían escoitar aos cidadáns. Iso fixo o BNG: escoitou á súa militancia.

    Agora ben, si se pretende que uns militantes teñan máis poder decisión que outros (Alcaldes con influencia na toma de decisións do BNG pero eliminación da capacidade de voto aos responsables comarcais, por exemplo), creando unha estructura de xerarquías segundo o grao de poder, a militancia do BNG dixo rotundamente non a este modelo..

    Cabe lembrar que o relatorio aprobado na Asemblea Nacional contou cun apoio superior ao 60%, unha aplastante maioría, e que éste sufriu importantes variacións ao longo do procedemento da Asemblea Nacional, aprobándose numerosas enmendas presentadas por toda a militancia que o desexou. Que se fale de imposicións, rodillos e outras gaitas non é máis que coletiñas repetidas ata a sociedade por aqueles que vén ao BNG como unha ferramenta de transformación da sociedade, removedora de conciencias. É decir, algo perigoso que pode privar a certas clases dos seus privilexios.

    O máis triste que militantes do BNG tiveran interiorizado esas falacias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s