Unidade, lealdade e operatividade

Estas tres verbas definían o proxecto que Alternativa pola Unidade presentaba ante o/as militantes do BNG para o seu refrrendo. Era maio do 2009. Celebrábase no Palacio de Congresos de Compostela e a pesares de ser a primeira asemblea realizada polo métido do/as delegado/as, apenas cabíamos todo/as ni Auditorio Principal.

Onte se escinificou a derradeira farsa dun reducido sector do nacionalismo que interiorizou un discurso fondamente sementado nos mesmos medios de prensa que ningunean o discurso transformador do Bloque Nacionalista Galego. Non precisaron da Sala Santiago, cun aforo de arredor de mil seiscentas persoas, co Sala Obradoiro (aforo de catrocentas persoas) chegóulles de abondo. Un grupo de militantes que representaban entorno ao dez por cento dos asistentes á XIII Asemblea Nacional, apenas hai dez días, acadaban a suficiente repercusión mediática como para compartir portada coas revoltas en Grecia ou o lanzamento do Xatcobeo.

Pero voltemos ao principio. Na Asemblea Nacional do 2006 aprobóuse o sistema de delegados como xeito de organizar as vindeiras asembleas nacionais do BNG. O medre da formación en canto á súa militancia seicaa facía preciso acordar esta fórmula. De todos os xeitos, este sistema fomentaba ainda máis a participación, xa que o número de delegados era incluso superior ao de asistentes a asemblea aberta con maior asistencia. Pero ése non foi o cambio que fixo tambalear o meteórico desenrolo do BNG. A XI Asemblea Nacional foi a da retirada de Xosé Manoel Beiras da portavocía nacional e da candidatura á presidencia da Xunta. Beiras deixaba ao BNG como alternativa ao governo Fraga e como líderes da oposición, ante un PSOE desfeito interna e externamente. O acordo da organización por delegados a presentou o sector encabezado por Anxo Quintana. Xosé Manoel Beiras presentara lista alternativa, acadando unha representación de pouco máis do quince por cento.

Non podemos deixar de esclarecer que aquel medre non se debeu só ao mérito dunha alternativa política coherente e ilusionadora. O votante tradicional do PSOE veu que desde o BNG se facían as cousas ben e castigaron á opción até o de agora considerada como única alternativa a PP fragista.

O substituto de Xosé Manoel Beiras era o seu delfín, aquél no que o histórico líder do BNG puxera os seus ollos e que o foi arroupando até acadar o máximo órgano de representación no BNG. O Alcalde de Allariz, Anxo Quintana, era o primeiro candidato nacionalista con opcións reais de acadar a Presidencia da Xunta. A realidade foi moi diferente, o BNG descendeu en representación parlamentar e se converteu nunha comparsa do PSOE. O traballo nacionalista durante a crise do Prestige e o prestixio acadado ao longo dos anos na loita dos intereses de Galiza non serviron de nada ante un PSOE reestructurado, saneado e que se abría a cobazados na Praza do Obradoiro para sair das fotos da manifestación polo desastre do Prestige.

Non nos valeu aquelo para facernos reflexionar e deixamos ao que lideraba un BNG con conselleiros que levase as rendas da fronte nacionalista. As voces críticas cun proceso constante de homoxeneización política permaneceron fieles á formación e tampouco organizaron roldas de prensa para expoñer públicamente o engano aos votantes do BNG, aqueles que fixaban a súa mirada nunha fronte  que pretendía ser unha alternativa ao xeito tradicional dos partidos maioritarios. Unha terceira vía.

Durante o exercicio do bipartito algúns sectores do nacionalismo acabaron por destacar públicamente nos medios, por encabezar protestas públicas xunto a sectores sociais críticos con decisións tomadas na Xunta de Galiza. Os máis relevantes, entre outros, foron o plus de altos cargos, o plano acuícola, o plano eólico e o plan sectorial de solo residencial. Analizemos por riba cada ún destes puntos críticos.

Plus de altos cargos. Levado adiante polo PSOE, creou unha forte controversia no BNG por aceptalo. Segundo o acordo de governo asinado para conformar o mesmo tras as Autonómicas, cada área responsabilidade de cada formación tiña plena autonomía e o outro socio de governo non se opoñería. Paradóxico que o custe político e social o recibise o BNG cando era unha decisión adoptada polo PSOE. Novamente a forte conciencia crítica dos nacionalistas facía acto de presenza.

O plano acuícola. Similar ao caso anterior. Área do PSOE e críticas ao BNG por non facer oposición no governo.

O plano eólico. Colectivos ecoloxístas, os mesmos que defenderon históricamente a opción das enerxías renovables como alternativa aos combustibles fósiles, criticaron fondamente un plano que tentaba desenrolar o concepto de desenrolo sostible: plano ecoloxico, económico e social equilibrados. O reparto eólico apostaba polas cooperativas agrarias como beneficiarias do mesmo. O suposto “amigo” de Quintana recibía apenas o 10% da enerxía  solicitada no seu proxecto. A forte oposicióna  este plano fixo posible que hoxe en día sexa inviable o aumento da producción de enerxía eólica en Galiza,a reducción progresiva de prantas contaminantes, a xeración de postos de traballos sobre todo indirectos e un longo etcétera. A focalización desta oposición a levou a cabo a rede Galiza Non Se Vende e nas manifestacións previas ás Eleccións Autonómicas a presenza de Xosé Manoel Beiras foi constante.

O plano sectorial de solo residencial. Tratábase dun proxecto que convertía solo rústico lindante co urbanizado en solo urbanizable para a construcción de diferentes tipoloxías de vivenda protexida. O obxectivo era dotar á cidadanía con menos recursos de opcións reais de acceso a unha vivenda digna en propiedade ou aluguer sin ter que verse asfixiada económicamente e ao mesmo xeito manter activo un sector económico como era o da construcción. Daquela o boom da burbulla inmobiliaria estaba a piques de producirse. Novamente certos grupos ecoloxistas encabezaron a oposición, curiosamente acompañados de propietarios de terreos e promotores amigos da especulación urbanística. Unha parcela presente no Plano Sectorial debía seguir sendo monte para uns e tiña que converterse en urbanizacións de luxo para outros. Aqueles que prantexaban unha solución real ás necesidades da demanda e que preveían que a Galiza dos pisos de luxo ía acabarse recibiron paos a cada paso.

Se a estes conflictos lle sumamos a campaña eleitoral máis suxa da historia de Galiza obtemos o resultado que se produciu: o BNG perde un deputado e o PP governa novamente con maioría absoluta.

No quero deixar de expoñer algunhas das barbaridades lanzadas en plena campaña das Autonómicas, alguna delas xa presente no pasado:

Anxo Quintana mercou con fondos públicos un minibar para o seu coche oficial. O Vicepresidente levou á prensa ao seu C5 (nada de Audi A4) e lles ensinou a neveira mercada no Lidl que levaba no maleteiro para conservar frías unhas botellas de auga (menos de 20 €).

Anxo Quintana vaise a navegar no iate do propietario do Grupo San José. No Powerpoint que se difundiu masivamente podía ler, nas opcións do mesmo, que o autor era o xefe de campaña do PP galego. As imaxes eran anteriores a que Anxo Quintana fose Vicepresidente da Xunta. A mensaxe de que un nacionalista de esquerdas non podía ser amigo dun empresario e moito menos visitalo no seu iate, sumadas á mentira de que levara unha boa porción do reparto eólico, calou nun sector que se decía crítico pero que estaba fondamente desinformado.

Anxo Quintana separóuse da súa muller porque andaba liado a) ca conselleira de Cultura, b) coa conselleira de vivenda. Ademáis, zoscáballe á muller. Estas inxurias quedaron sin castigo.

O BNG carretou vellos a Oia para que aplaudiran a Anxo Quintana. Hoxe en día teño a firme convicción de que un funcionario afín ao PP artellou a trampa. A presenza da prensa era masiva naquel actou, moito más que calqueira outro do BNG ou dunha consellería nacionalista. Erro ou trampa, o comité electoral do BNG non tivo nada que ver. Nada importou. Incluso militantes do BNG defenderon ante posibles votantes que semellábamos iguais aos demáis.

Houbo moitos máis casos, pero só reflexo aqueles que máis directamente me afectaron e os que o recordo máis nítidamente me deixou gravado.

Calqueira alleo á política galega estaríase agora preguntando: entonces Xosé Manoel Beiras convertéuse progresivamente en oposición ao seu delfín? E qué pinta a UPG neste circo?

Pois sí señores. Chegamos á Asemblea Extraordinaria do 2009. O sector quintanista se desmarcou da “liña oficial” e se conformou nunha corrente propia chamada Máis BNG (logo mudado por +Galiza) e Beiras seguía ao seu co Encontro Irmandiño. Non podendo alcanzarse consensos, tamén nace Alternativa pola Unidade, a corrente que impulsou a UPG.

Daquela Asemblea saiu Portavoz Nacional Guillerme Vázquez. Militante independente que encabezaba a listaxe de Alternativa pola Unidade. O Consello Nacional tiña 23 membros da ApU, 18 de +BNG, EI 7 e Máis Alá 2. Dos textos non falaremos. Para qué se simplemente estamos relatando o intento de control dun aparato polo simple feito de acadalo?

Pero o dato que non podemos esquecer é que para a conformación da Executiva Nacional Alternativa Pola Unidade prantexou acadar unha proposta de consenso en base á representación obtida no Consello Nacional. encontro Irmandiño estaba dacordo, pero +BNG non. Os militantes que apoiaban a beiras optaron por apoiar aos que non quixeron consenso. Unha das moitas esquizofrenias vivadas no seo do BNG.

E chegamos a hoxe, obviando o sucedido en Amio xa que o relatei en pasadas anotacións. Xosé Manoel Beiras vaise do BNG e propón á corrente orixinada polo seu delfín e ao que realizou oposición namentras governaba na Xunta que faga o mesmo para crear unha alternativa a un BNG “secuestrado” pola UPG. Nin unidade, nin leadade, nin operatividade naqueles que organizaron a farsa no Palacio de Congresos esta fin de semana, sin obviar que as votacións por aclamación e as frases tales como “non fai falta votar” son tan propias das asembleas populares como dos réximes dictatoriais.

Teño que explicar o contradictorio e esquizoide da situación?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s