Convención Nacional BNG

Nuns momentos en que se pretende transmitir unha imaxe de total derrumbamento da única forza política que fuxe do discurso homoxeneizado e presenta propostas alternativas, a celebración da Convención Nacional supoxo un soplo de aire fresco para a militancia do BNG en xeral e para os asistentes en particular. Desde a animación de Isabel Risco (Trendic Topic incluido) ata o himno galego cantado coralmente pasando pola actuación de Sés todo foi unha representación dun abrazo colectivo entre os que pensamos que a unidade de acción do nacionalismo pasa única e exclusivamente polo BNG.

Non podemos negar que os acontecimentos vividos nos últimos meses nos fixeron moito dano. Mais ao contrario do que se quere vender ese dano non é de perda de apoio de base, as baixas apenas superan o 15% da militancia, senón de decepción ante a actitude de compañeiros e compañeiras que foron acompañantes na travesía polo deserto que é o obxectivo de mudar a sociedade cara unha Galiza que esperte do seu soño.

Significativa foi a ovación a Carlos Aymerich. Emocionante, pechado e sinceiro. Agradéceselle a responsabilidade de saber ónde está o límite na defensa de propostas que poden ou non gustar, pero que teñen respaldo nun sector do nacionalismo galego. A incapacidade de acadar un consenso, sin buscar culpables, impediu que fora o candidato á Presidencia da Xunta. Faino o seu amigo e ex-compañeiro no Congreso Francisco Jorquera. Carlos Aymerich é un importante activo do BNG e entre todos e todas debemos loitar porque non pase a un segundo plano.

Francisco Jorquera e Guillerme Vázquez son a noite e o día, a serenidade do discurso institucional fronte á irreverencia que permite unha portavocía nacional. Unha simbiose que lonxe de representar bicefalia é un compartillamento de responsabilidades ben definidas. De Jorquera os medios que silenciaron o seu traballo critican agora que non é coñecido. Pois cando se erixiu en portavoz do grupo mixto no Congreso para criticar o talante antidemocrático provando a Bildu de grupo parlamentar de seu, cun discurso claro e sereno, ben podían ter aprendido o seu nome e currículo. Con Guillerme temos un achegamento do Portavoz Nacional ás bases nun militante que non está adscrito a ningunha formación das que conforman o BNG. Como a inmensa maioría dos militantes o seu único carné é o do BNG. Miralo xantar coma un militante máis na carpa que se habilitou en Amio en troques de marchar a un restaurante coa “cúpula” é tan significativo como toparse a Jorquera botando un pitillo no aparcamento tamén en Amio. Namentres outro doraban a súa pel cos flashes dos medios falando de que o BNG perdera o contacto coas bases.

Nos momentos difíciles, cando máis dúbidas teña de que o obxectivo poda non ser posible lembraréime daquel trece de maio do dous mil doce, onde os “bloqueiros” escenificamos unha aperta colectiva de apoio incondicional. Orgulloso de ser do Bloque. En Bloque Podemos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s