21-O – Eleccións Autonómicas 2012 – A oportunidade do cambio

É ben sinxelo o título, ainda que non por elo falto de orixinalidade. Cada comicio electoral é unha oportunidade de cambio si así o quixera o eleitorado, mais cada vez pérdese a ocasión para que se efectivice. No 21-O esa posibilidade ten que materializarse porque sinón as consecuencias serán terribles.

Non hai que amezar co desastre como estratexia electoral, xa vivimos nel como consecuencia dun modelo neoliberal salvaxe. Un pobo ao que se lle priva literalmente de capacidade para decidir, relegado simplemente a un cambio de caras. Unhas institucións políticas que teñen que obedecer os dictados de instancias non democráticas e que buscan o enriquecemento persoal dos que as conforman. Pero o verdadeiro cancro deste modelo, a fórmula para o seu éxito na conquista dos espazos de decisión, é unha sociedade adormecida, anestesiada, impasiva, descreida. Esa pasividade leva á impunidade e cando ésta se convirte en costume desemboca no actual panorama social e político.

O deber daqueles que creemos na política como a ferramenta para o cambio é trasladar a esa sociedade adormecida a mensaxe de que é posible unha alternativa real, de que non todos son iguais, de que hai formacións políticas que realmente actúan movidas polo desexo de constituir unha sociedade máis xusta, igualitaria e na que todos e todas sexamos iguais. Esa labor é ardua porque ao adormecimento temos que sumar o discurso derrotista que promoven as clases dominantes. Ese “todos son iguais” busca a derrota, alimentar o adormecimento. É o único xeito que ese 99% da sociedade que vive o día a día como norma non se poda unir fronte ao 1% que vive moi por riba do éticamente necesario.

É o BNG, hoxe máis que nunca, o que ofrece esa alternativa real. Xa deu un primeiro aviso na época do bipartito con medidas como o Consorcio de Benestar, o Banco de Terras ou a Plan Sectorial de Solo Residencial. Proxectos reais que se encargou o Partido Popular de soterrar. Catro anos máis e unha menor dependencia dun pacto de goberno co PSdeG terían transformado Galiza cara un modelo de sociedade no que o egoismo e a avaricia quedasen desterrados, sendo substituidos pola solidaridade e o traballo en colectivo.

Non falo de modelos antiguos, os visionarios liberais deseguido se enchen a boca co termo “comunismo” como si tal fose un insulto ou unha descalificación. Falo dun modelo social que mesmo a Constitución Española defende, que o Libro Branco do Cooperativismo (asinado e desenvolto inicialmente nun Goberno Fraga) establece como fórmula do éxito, dun modelo de relación social que desde múltiples directrices da UE se encargan de salientar como única posibilidade de integración europea.

O BNG pide unha oportunidade para poder desenvolver ese proxecto, con xente comprometida que non dará a espalda ao pobo. Pero para iso a sociedade ten que deixar de estar adormecida e darlle un contundente apoio á unica alternativa de esquerdas e nacionalista que concurre aos comicios autonómicos.

Só así poderemos observar co tempo un cambio similar no Concello de Baiona. Pero iso xa é outro capítulo que debe ser contado aparte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s