Nacionalismo e municipalismo

Manifestacion Dia da Patria 2011 BNG

Publicado en Sermos Galiza o 29 de marzo do 2013

Recollo o reto prantexado nun comentario dun artigo anterior sobre os feitos que rodean ao nacionalismo nos concellos logo do cambio de panorama político galego. E como agora sí que toca, podo decir sin temor á reprobación por elo que aquél que abandona a formación política pola que foi elexido e conserva o seu cargo denomínase tránsfuga. E logo, qué se pode facer cando antigos compañeiros e compañeiras cos que pasaches multitude de dificultades, que creías sinceiros e honestos, de súpeto adoptan actitudes máis propias dun concelleiro enoxado do PP porque non lle tocou a súa parte do pastel?

Xa non paga a pena mirar atrás, mais sí cara o futuro. A unidade do nacionalismo é un obxectivo que, téndose superado no pasado, volta a estar na axenda. E o primeiro paso comeza nos concellos. Sería totalmente suicida que ante uns comicios municipais e sin ter mudado o sistema electoral concurrira máis dunha forma nacionalista. Mais tamen nos concellos é onde as posturas personalistas se poden atopar máis distanciadas. Non é unha cuestión ideolóxica, sinón de conceptos trabucados, lendas urbanas e actitudes persoais que xeraron un distanciamento do máis próximo, cando os esforzos tiñan que ter estado en derrotar ao máis lonxano, ideolóxicamente falando. O ego entra en escena e destrúe toda esperanza de transformación na sociedade.

Así, ainda que as eleccións municipais non se producirán a curto prazo, débese traballar nunha fórmula que solvente dunha vez por todas unha disputa que non é máis que un fiel reflexo da exposta en “A vida de Brian”: catro alonxándose por ridículas discrepancias namentres o verdadeiro rival está forte e unido. Cál é a solución? Simplemente unha renovación total e absoluta de persoas. Porque eis a cuestión, egos confrontados e levados ao campo da política. Moitos tiñan que aprender de Guillerme Vázquez. Como ben se dixo na XIV Asemblea Nacional do BNG, por vez primeira tivemos un Portavoz Nacional con ego cero.

Con todo, debería entender a cidadanía que sería un total acto de hipocresía que aquela formación que viviu casos de transfugismo acabe pactando cos que os provocaron. Serei claro, o BNG non podería concurrir nunha coalición electoral con Anova si non se devolven antes os cargos usurpados. O entenden así incluso as bases de Anova, constatado polo acordo adoptado na súa Asemblea Nacional respecto a que os cargos deben entregar a súa acta si abandonan a formación pola que foron elexidos.

Todo isto non menoscaba, e falo da miña experiencia persoal, o feito de que existen persoas nas distintas formacións que gozan de excelente trato entre sí e que serían perfectamente capaces de acadar acordos de consenso no ideolóxico e no formal. Organizativamente, penso, todavía é demasiado cedo como para navegar nunha soa nave, mais existen fórmulas de probado éxito que garanten unha política común e unha proposta electoral común integrada por distintas formacións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s