Vivenda protexida, D.E.P.

vpo

Artigo publicado en Sermos Galiza o dez de xuño do 2013

Vén de aprobarse o novo Plan Estatal de Vivenda 2013-2016, logo de ter rematada a vixencia do seu predecesor, o 2009-2012, que como a maioría de iniciativas do Goberno ZP estaba máis cargado de boas intencións que de solucións prácticas.

Certifícase en Madrid a defunción da vivenda protexida como se ten entendido até o de agora, o que leva á desaparición práctica da fórmula de acceso máis democrática e xusta que nos podamos imaxinar, as cooperativas.

Desaparece toda alusión a vivendas protexidas en propiedade, un feito que non sería malo de todo tendo en conta que o acceso á vivenda non ten que levar consigo a propiedade, mais non se establece período de transición algunha. En qué posición quedan as cooperativas de vivendas constituidas até o de agora que non executaron o seu proxecto? E as parcelas adxudicadas polas distintas administracións públicas que aindan non contan con declaración provisional?

O acceso á vivenda protexida a través de cooperativas mírase como recelo, coma si fosen un foco de rebelión. Mais isto non é así, as cooperativas de vivendas son focos de democracia participativa, de capacidade de traballo en conxunto para lograr un fin común, a oportunidade de comprender que acadar un obxectivo non ten que pasar por dar as grazas a un terceiro que ostenta o poder. Ése é o verdadeiro perigo, que sexamos capaces de concluir que o poder non reside en quenes os ostentan, sinón en quenes deciden exercelo. Unha maioría social adormecida cede o poder ao gobernante, unha esperta o exerce por sí mesma e non ten gobernantes, ten representantes.

En canto ás facilidades de acceso á vivenda prantexadas no novo Plan Estatal de Vivenda, limítase a un breve período de tempo na forma de aluguer subvencionado e a posibilidade de que as administracións públicas desenrolen proxectos de vivendas en aluguer de xeito moi puntual. A rehabilitación volta a estar presente, como mero anexo estético que na realidade non deixar de representar actuacións residuais. Nin unha mención aos problemas de financiación.

Mais seguimos contemplando como a transferencia de competencias non se aplica na realidade. En materia de vivenda o Estado Español só ten competencias en materia orzamentaria, tendo plena capacidade para decidir as actuacións a Xunta de Galiza. Xa que logo, porqué o Plan de Vivenda non desaparece e permanecen só os convenios económicos coas Comunidades Autónomas? A Xunta de Galiza ten agora unha excelente oportunidade para exercer a súa autonomía e, no desenrolo normativo mediante o correspondente Decreto Autonómico, regular o acceso á vivenda en Galiza dun xeito máis acaido á nosa realidade. Nin que decir ten que durante a etapa do Goberno Bipartito o Plan Sectorial de Solo Residencial buscaba precisamente iso. Hoxe falariamos dunha situación radicalmente oposta, pero iso é unha historia que cómpre contar máis extensamente noutra ocasión.

Hoxe é o momento de reformular o concepto do dereito á vivenda. Comprobamos que o neoliberalismo, a través da panacea da autoregulación do mercado, convertiu dunha necesidade un producto especulativo e agora toca limpar o desaguisado deixado pola orxía de comisións e enriquecimentos repentinos. Dín que toca axudar ás entidades bancarias que apoiaron esta tolemia, que otorgaba hipotecas para a compra de vivendas moi por riba do seu prezo real namentres establecía múltiples atrancos á financiación de vivendas protexidas, sempre co motivo da maior rendabilidade. Agora os adquirentes de vivendas protexidas apenas sufren desafiuzamentos, namentres os que cairon na voráxine da compra cos ollos pechados ven as súas vidas destrozadas porque se fiaron do discurso masivo imposto no boom inmobiliario. Iso tamén nos pode levar a reflexionar sobre os fenómenos mediáticos, as tendencias e mainstreams diversos que secundamos cos ollos pechados e que logo nos acaban decepcionando. A bo entendedor poucas verbas bastan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s