Mareas baixas

Mareelaflotteiledere

Publicado en Sermos Galiza o 11/11/2014 

Levo demasiado tempo dándolle voltas a unha análise do que se deron en chamar eufemísticamente movementos cidadás, como si calqueira outra organización política non o poidera ser. E si non fun quen de concretalo foi porque cada día xurden novas variables que mudan a miña percepción do fenómeno, quizáis porque estamos nun convulso momento político e, ademáis, preelectoral.

Desde que teño memoria recordo a irrupción nas eleccións municipais de candidaturas daquela chamadas independentes, pretendendo sinalar nese concepto que non dependía dunha estructura superior. Pareceríame loable esta postura si non fose porque o que realmente reflicte é a incapacidade de pertencer a un colectivo máis aló da localidade no que ser quen de confrontar opinións e debatir para avanzar nun proxecto sólido. Daquelas candidaturas independentes nada quedou xa, salvo algunha absorción por parte do Partido Popular e algún que outro condenado por prevaricación. Non estou a decir que o que está a acontecer na actualidade vaia acabar no mesmo resultado, nada máis lonxe da miña intención. Vou máis ben cara unha análise da incapacidade por pertencer a un colectivo e confrontar posturas.

Non creo que o xeito de mudar de sistema ou de reformalo sexa creando minifundios xunto a aqueles que pensen o máis parecido a ún mesmo, nin tampouco que debamos renunciar aos nosos proxectos transformadores. Mais renunciar á transformación política desde os partidos políticos fundando novos partidos políticos ten máis de paso atrás que de proxecto exitoso. Claro que é moito máis sinxelo xuntarse con persoas cun ideario moi semellante ao propio e asentir cada vez que fala un compañeiro, claro que nos parecerá que todo vai ser maravilloso si se fai como nós decimos. Pola contra, o difícil é sentarse con quen non pesa coma tí, co discrepante, e ser quen de chegar a un acordo para tirar para adiante en beneficio de terceiros. Porque non o esquenzamos, o exercicio da política ten que ser básicamente iso, o esforzo persoal duns poucos para que a maioría obteña un beneficio. O paradóxico é que até o de agora estaba a funcionar dun xeito diametralmente oposto.

No astío da cidadanía tamén debería haber algo de autocrítica. Cando forzas rupturistas como foi o BNG loitaban por acabar co bipartidismo de PP e PSOE atopábanse con moi pouca base social que as apoiase. Repito o que xa mencionei en ocasións anteriores, cando estopou o fenómeno do 15M reclamei que asaltaran as formacións políticas para transformalas desde dentro. Négome a aceptar o mantra de que iso é imposible. Non hai máis que ver a liña política e de actuación do BNG nos últimos tempos. Están a producirse dinámicas e actuacións que no 2007 serían impensables. A militancia e os seus representantes foron quen de permeabilizarse e reaccionar. Lamentablemente non todas as formacións políticas son tan dinámicase algunhas manteñen discursos e estratexias do pasado, quizáis porque a súa base militante é menos combativa, ou porque prefire renunciar á transformación social polo motivo que sexa. Falo, sobre todo, do mal chamado Partido Socialista Obrero Español. Nesas siglas sí que deberan actuar os dereitos de autor. Estou completamente seguro de que a maioría da militancia do PSOE ten un concepto moi trabucado do que é o socialismo.

Pero volvamos ás mareas cidadás. Non podo xeneralizar porque criticaría a persoas que actuan desde a sinceridade e a boa fe, ou eloxiaría a oportunistas, polo que debo distinguir entre dúas formas de entender estes movementos.

Existe un grupo de persoas que rondaron sempre ás forzas rupturistas pero que nunca se decidiron a dar o paso, sexa pola razón que sexa, que agora que está o mal feito espabilaron e queren facer o traballo que debería terse feito con anterioridade. Porque, non nos enganemos, a conciencia social non é algo que estea latente e de súpeto desperte. Todos nos coñecemos e sabemos quen é cadaquen. Si esas persoas son quenes de constituir unha alternativa política que non existe e que pode xenerar ilusión, noraboa e moito ánimo. Mais si o obxectivo é sustituir unha alternativa por outra para evitar os erros do pasado, mal final vai ter isto.

O grupo que máis me preocupa e que pode afectar ao anteriormente citado e que incluso pode perxudicalo é o dos oportunistas que, quedándose sin espazo político polos seus contínuos bandazos ou porque representan a unha opción política que electoralmente sempre se moveu na irrelevancia e na anécdota, aproveitan a ocasión para arrimarse á boa prensa da rebeldía cidadá e así atopar moqueta que pisar. O mal desta xente é que á mínima provocarán os mesmos conflictos que no pasado, racharán todo cando a vento non sople ao seu favor e acabarán por contaminar un novo movemento ilusionante.

E despois de todo isto sabedes quén quedará, novamente, para recompoñer todo?: o BNG. Porque na maioría de concellos do noso país a alternativa a PP e PSOE é o BNG e o xurdimento de supostos movementos de “unión contra os partidos do sistema” o que van producir precisamente é a división da alternativa aos que non queren mudar as regras de xogo. Si alguén que quere mudar as cousas non é quen de sumarse á alternativa que supón o BNG, quén é o que ten o problema e o que vai dividir? Sempre foi moi permeable o BNG nas elecciósn municipais en canto á confirmación das súas listaxes electorais. Nadie sobra. Outra cousa é, claro, que a loita por manter a nosa identidade nacional en primeira liña sexa unha molestia, precisamente cando no Estado Español Euskal Herria e Catalunya van forzar un proceso no que non pode faltar Galiza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s