Deixéime enredar esta semana e acabei revisitando a tertulia política de V Televisión, ainda estou arrepentíndome, porque provocou en mín tantos sentimentos e reflexións que me está a desviar do camiño que tiña pensado trazas tras o 20D.
O tema do debate era o futuro do nacionalismo e, curiosamente, estaban presentes militantes do BNG e Compromiso por Galicia, mais non así de Cerna nin de Anova. Descoñezo si foi convidado algún membro de Cerna, mesmo si como tal existen actualmente. Mais é significativo que declinara a súa participación calqueira membro de Anova. Logo somos nós quenes queremos apropiarnos do nacionalismo, claro. Explicóuse tamén que se convidara a Paco Rodríguez e a Bautista Álvarez e que non poideron asistir, algo que paréceme moi ben, porque son xa pasado da nosa organización e a pesares da miña admiración polas súas figuras e traxectoria, coido que é máis intelexente que a súa estratexia sexa non eclipsar á nova xeración de nacionalistas.
A mesa a conformaban Carlos Aymerich, Mini, Noa Presas e Lourenzo Fernández Prieto. Quixera expresar a miña opinión separadamente de cada ún deles.
Carlos Aymerich
Vén de volta de todo, mais non se resistiu a tentar dinamitar unha organización da que non participa, e non porque non queiramos precisamente. A base do éxito pasado do BNG foi que nadie sobraba e que todas as opinións constructivas son benvidas, mais a Carlos nótaselle resentido. Coido que débese a que desaproveitou unha magnífica ocasión para condicionar o futuro da nosa organización, ao tirarse aos brazos dun Xosé Manoel Beiras que tiña a súa propia folla de ruta marcada. Carlos representaba á opción do nacionalismo máis moderado e amable, que chegou cáseque a disputar a hexemonia organizativa da principal forza organizada do BNG, a UPG. Cometeu un importante erro estratéxico e viu como a súa corrente desfacíase como o azucre. Mais el que tanta autocrítica e petición de responsabilidades pide non é quen de aceptar que ese erro custóulle a súa carreira política e a capacidade de influencia no seo do BNG.
Que se adique a opinar dun proceso no que non participou porque non quixo, que nin siquera acepte as opinións de quenes sí o fixeron, que falte á verdade decindo que foi un proceso non consultado ou que diga que ese proceso foi torpedeado por xente do BNG é un despropósito, sobre todo cando estaba sentado ao carón de Mini.
A aposta decidida do BNG por un proceso de confluencia é innegábel, outra cousa é que houbese quen non creese nel e tentase influencialo cara o seu criterio. Como calqueira dos que participamos no proceso, por suposto. O erro estratéxico de non acudir ao Foro de Partidos eu o comparto, e así o sinalei no Consello Nacional de Outubro. Un Consello Nacional no que Abrente conta cun representante e que non acude. Dificilmente pode pedir explicacións sobre as deliberacións aquel que se nega a participar nos órganos de decisión da nosa organización.
O proceso máis que debatido e rebatido en asembleas locais e comarcais. A renuncia ás siglas foi refrendado e a non confluencia total non foi posible porque outros non nos querían con eles. A infinita paciencia que demostraron os representantes de Iniciativa pola Unión sobrepasou todos os límites, adiándose encontros e prantexándose novas condicións tras acordarse previamente outras. Todo para forzarnos ao illacionismo. Si Carlos non coñece estes feitos é porque non quixo saber delo. Eu intereséime e non me costou nada sabelo. Mesmo no proceso de primaria abertas puido postularse como candidato. Non foi quen de acadar 10 ou 25 apoios? Descoñezo incluso si se adheriu a IxU ou non. Porque nin en Conxo nin na posterior asemblea en Compostela o mirei.
No debate percibinlle unha estratexia que me preocupa, agardo que esta percepción sexa errada. Coido que vai a tentarse unha nova ruptura na vindeira Asemblea Nacional, oq ue nos daría finiquito ao máis importante e organizado proxecto nacionalista do noso país. Eu són dos que gusta de traballar pasiño a pasiño, tentando mudar as tendencias desde dentro e mellorando a cada paso cara un BNG do século XXI, mais sendo respetuoso cos que non comparten opinións ou estratexias. Romper por perder unha batalla non é responsable nin ético.
Mini
Para mín foi a grande sorpresa do proceso de confluencia. É unha das caras novas do nacionalismo que precisamos. Enténdaseme o de nova non pola idade sinón pola frescura de ideas. O liderazgo, carisma e claridade de ideas que representa Mini é un valor importantísimo que o BNG non pode nin debe desperdiciar. Agora mesmo, chamádeme eufórico ou fanboy (perdoade o anglicismo), véxoo como o mellor Portavoz Nacional que pode ter o nacionalismo galego. E non digo do BNG porque ao mellor non ten que ser o mesmo. Mini debe ser a figura unificadora que nos lidere. Ésa é a miña aposta, outra cousa é que el quera asumir esa responsabilidade, claro.
Precisamos de máis xente que nos represente que fale con tanta claridade e sinceridade como o fai Mini. Estou canso de escoitar a significativas figuras do BNG perderse en eufemismos. Si hai que decir que Beiras nos decepcionou porque nos enganou deliberadamente, dise e punto. Si hai que decir que os rencores persoais está a dinamitar o rexurdir do nacionalismo como forza propia, dise e non pasa nada. Quen teña rencores, por favor, que se tome un prudencial tempo de descanso, que colla perspectiva e que volva cando só poda aportar sentimentos e prantexamentos positivos.
Noa Presas
Non pode ser unha descoñecida para a maioría militante que participa activamente no BNG. As súas intervencións nas asembleas nacionais sempre foron definitorias do enorme potencial que ten esta rapaza de só 28 anos. Podes discrepar ou non das súas ideas e concepto políticos, pero non se pode pór en dúbida a súa valía persoal, empeño e capacidades.
Ela deu un paso á fronte no momento máis difícil da nosa organización e afrontou con valentía unha loita da que sabiamos a ciencia certa que iamos sair derrotados, quizáis non tan abruptamente.
Que na mesma mesa en que estaba Noa alguén se atrevese a decir que a dirección do BNG era a mesma que hai 3o anos ten delito, sobre todo de quen uns minutos antes miraba con bos ollos a Xosé Manoel Beiras como candidato á Xunta. Ésas son a clase de contradiccións no discurso que rebelan que as críticas a todo o que fai o BNG non son ideolóxicas, sinón meramente estratéxicas. O BNG molesta coa súa mera existencia e búscase a súa desaparición institucional e organizativa.
Ogallá podamos brindar a Noa, e a moitos e moitas máis que coma ela representan o novo BNG, a oportunidade de avanzar no proxecto nacionalista.
Lourenzo Fernández
Erixíuse como a voz do antigo militante do BNG que non nos recoñece xa como alternativa, mais argumentando cunha serie de estereotipos falsos e sesgados do que é a nosa realidade, mesmo negando os argumentos dos presentes na mesa.
Alguén que pretende argumentar as opinións da militancia do BNG debería falar máis con quenes a conformamos que cos que pretenden a nosa desaparición. Recoñecer que foi militante e que o deixou, para agora criticar desde fora non me parece a mellor opción, salvo que sirva para aliviar frustracións. Si participas dun proxecto nacionalista e te consideras nacionalista, o que terás que facer será traballar para que tome o camiño correcto, non rendirse e logo criticalo. Entendo que quen non se vexa capaz de afrontar o reto de transformar a que foi a casa común do nacionalismo acabe rendíndose e marchar para a súa casa, mais non entendo que se aproveite logo para erosionar a quen sí que foi quen de poñerse a traballar nese empeño. Eu, persoalmente, non me sentín identificado co BNG que representou o quintanismo. Perdín as ganas de contribuir nun proxecto que consideraba errado. E como non tiña a posibilidade de enmendalo dín un paso atrás e deixei traballar aos compañeiros e compañeiras que sí podían. Lamento profundamente non ter podido ser unha activa voz crítica naqueles momentos. É por elo que tamén me atribuo a parte alícuota de responsabilidade na nosa actual situación.
E como non, hai que facer unha reflexión sobre o eterno tema que sempre sobrevoa e fai presenza cando falamos do nacionalismo galego, a UPG. Algún día estudiarase a enfermidade, síntomas e patoloxías que desperta esta organización histórica. Non són nin serei da UPG, principalmente porque non me considero comunista, por moito que o considero un sistema tanto ou máis válido que o capitalismo. Non vou entrar agora nese debate. Semella negarse que a UPG é, como toda organización, un ente composto por múltiples activos, uns mellores e outros peores. A upegallite, ao meu modo de ver, non reflexa máis que un sentimento de envexa. Moitos e moitas desexarían poder organizarse e traballar como o fai a UPG. É a única organización política que non acabou fagocitada polo BNG, sinón que permaneceu como forza integrante do que era unha fronte de partidos. Por iso resúltame tan abraiante que precisamente sexan membros da UPG os que reneguen dunha posíbel coaligación electoral que sexa a única alternativa a PP e PSOE. O proxecto politico propio nada ten que ver coas alianzas electorais que permitan unha verdadeira transformación do noso país. Pero iso dará para outra reflexión no futuro.
En definitiva, a tertulia foi polo camiño que tanto gusta á súa directora. Erosión á imaxe do BNG e fortalecimento da opción que pretende substituirnos. Moi significativo foi a debate sobre os posíbeis candidatos ás Autonómicas de cadansúa opción política. A pesares de que na infografía facíase referencia ao BNG, nas intervencións falóuse de PP, PSOE, En Marea e ate de Ciudadanos. Silenciamento do BNG, de Nós ou de calqueira posible estratexia electoral con marcado contido nacionalista. Por fin están na taboeiro que lles gusta, a homoxeneización coa correlación de forzas estatais. Si non queremos vencellar esa estratexia á aniquilación do nacionalismo galego, non o fagamos. Sigamos negando as evidencias.