Unha de cambio xeracionais

Publicado en Sermos Galiza o 26 de Outubro de 2016.

Todo ten o seu ciclo e si rexeitamos este principio non obteremos máis que frustración. Ben o entenderon en Izquierda Unida no Estado cando algúns abandonaron o paraugas da súa organización para constituir unha alternativa diferente debido a que non veían posíbel a evolución dentro da estructura clásica. Non vou entrar a valorar o errado ou non da decisión. O feito é que teñen acabado por producir o cambio de ciclo xeneracional, sendo absorvidos por esas mesmas persoas que renunciaron a dar a loita internamente.

Na Galiza o feito producíuse á inversa. O BNG tiña un cadros certamente envellecidos, arrastrando a organización a teses acomodadas. Producíuse, logo, unha importante desafección, nomeadamente das persoas que se acercaron ao nacionalismo desde a mocidade e desde a contestación social. Mais, todo o contrario ao caso de Izquierda Unida, esa xeración que pedía mudar os discursos e as estratexias acabou impoñéndose co tempo, namentres que as vellas figuras acomodadas rendíronse ao pragmatismo e á perpetuación no espazo estéril para a transformación, mais fructuoso para o alimento dos egos, que xurde baixo os focos mediáticos e sistémicos.

Agora ben, ningunha xeración ten que impoñerse a outra, xa que a combinación que aporta a veteranía xunto ao ar fresco dos novos nacionalistas enriquece o compoñente ideolóxico. Non se soubo ou non se quixo, fuxamos de entrar no debates de culpabilizacións, conxugar ambos aspectos e a conclusión foi que hoxe en día o nacionalismo do noso país vén de padecer unha das etapas máis complexas da nosa historia reciente.

Mais esta situación revelóuse reversíbel, non por elo deixaremos de facer un chamado á responsabilidade e á empatía para que o camiño de recuperación e reconciliación iniciado siga avanzando. O activismo político non é unha afición a practicar de seis a nove, o nacionalismo non é un campo onde satisfacer egos ou buscar ocos. É a ferramenta que ten Galiza para seguir existindo como nación, para que galegos e galegas rexeiten o autoodio e cobren conciencia de que somos unha colectividade que non lle ten que ter envexa a ninguén, moi ao contrario. Temos potencialidades que ben explotadas, agora están a ser expoliadas, permitirán a galegos e galegas dar cumpridos os seus desexos dunha situación que non ronde a emerxencia social. Eis a clave polo que moitos e moitas nos negamos a disociar a loita nacional da social.

Lamentabelmente os contínuos escenarios electorais estiveron a impedir que se producise un diálogo sinceiro e útil para que o nacionalismo galego volva a ter o protagonismo que este país merece. Lamentabelmente o discurso imposto demoniza as loitas nacionais e impón válvulas de escape cómodas e limpadoras de conciencias. Está nas nosas mans ser quen de sobrepoñernos a este escenario e recuperar incluso o tempo perdido. Iso sí, considerando que non ten porqué sobrar nadie, que os egos e os intereses de parte queden na casa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s