Sobre mín

Xosé Manoel Marcote Gil

O primeiro recordo que me vén á cabeza defínese con dúas verbas: familia e Baiona. Iso é o máis importante para mín, ainda que sufro máis desamores coa segunda que coa primeira.

Sempre me gustaron os movimentos sociais, fun delegado de clase, participei na fundación dunha asociación xuvenil na que sempre formei parte da súa Xunta Directiva ata que se disolveu, estiven apoiando a fundación do Clube Baloncesto Baiona, activei Galiza Nova ata que a idade e o traballo me impediron tan infructuosa tarefa e participei na constitución da primeira cooperativa de vivendas de Baiona. Agora tamén extrapolei esa paixón á informática e exerzo de linuxeiro empedernido.

O meu pai me ensinou que non hai maior satisfacción que axudar aos demáis e tamén me mostrou que esa tarefa só obtén como premio a crítica e o desprecio, pero que iso nos diferencia aos parvos coma él coma eu dos aproveitados que trepan sin cesar polas pólas do poder. Non nos importa a falta de recoñecemento, basta con chegar á casa e saber que a túa familia te admira e sabes que vas polo camiño correcto.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s