O orgullo de ser concelleiro, e do BNG

Concelleiros 2015-2

Publicado en Sermos Galiza o 14/06/2015

Nuns tempos en que está devaluado o concepto de “político” eu reivindico o orgullo de ser un representante do meu pobo nos órganos institucionais e, tamén, da formación política á que pertenzo. Nunca desempeñei un cargo institucional até o de agora, mais os veciños e veciñas da miña vila, Baiona, decidiron que era merecedor de tal honra. Seguir lendo

A voltas coas reunificación do nacionalismo

reunificacion_deuda_consejos1

Publicado en Sermos Galiza o 20/11/2014

Lía hai uns días no Sermos un artigo de opinión do compañeiro Antón Tenreiro, que reflexionaba arredor da idea dunha “Asamblea Nacional Galega”. Ademáis de entender que a nomenclatura é demasiado semellante á empregada en Catalunya e a que existe unha “a” de máis e unha “e” de menonos, a miña discrepancia é sobre a idea de que unha “Asemblea Nacional Galega” sexa hoxe a solución á división do nacionalismo galego. Seguir lendo

Mareas baixas

Mareelaflotteiledere

Publicado en Sermos Galiza o 11/11/2014 

Levo demasiado tempo dándolle voltas a unha análise do que se deron en chamar eufemísticamente movementos cidadás, como si calqueira outra organización política non o poidera ser. E si non fun quen de concretalo foi porque cada día xurden novas variables que mudan a miña percepción do fenómeno, quizáis porque estamos nun convulso momento político e, ademáis, preelectoral. Seguir lendo

En bloque, podemos

convencion-bngmaio

Publicado en Sermos Galiza o 08/06/2014

Levo militando no BNG cáseque vinte anos e ainda non cheguei aos corenta. Cando decidín dar o paso foi por un fenómeno similar ao que agora está a suceder con Podemos: líder ilusionante nunha formación contestataria que combate aos partidos clásicos asentados nas institucións e que non gobernan para a maioría. Daquel resplandor consolidóuse o proxecto firme que agora é o BNG. Por iso mesmo non debéramos caer na tentación de desprestixiar o fenómeno Podemos en troques de tirar conclusións que nos axuden a mellorar. A clave onde os procesos transformadores tenden a fallar é no paso do proxecto encabezado por un referente ao proxecto colectivo que crece en apoios e en base militante. Eles van a sufrir os mesmos atrancos que nós sufrimos, agora que están na cresta da ola. Arrimaránselle moitos, e non todos serán castos, puros e abertos ao diálogo. Terán que comezar a ter que tomar decisións entre opcións nas que ningunha será perfecta. Mais teñen un as na manga que nós non soubemos esgrimir convenientemente, a democracia participativa. Nalgunha ocasión xa teño sinalado a proposta reforma13 encabezada por Daniel Ordás, alguén que tamén aproveitou os focos de La Sexta para comezar unha opción renovadora. Que diferente sería si fósemos quen de que na Galiza tivésemos medios propios que chegasen á maioría da xente, verdade? Seguir lendo

De lo de ir con Bildu… ya hablaremos

Bildu

Publicado en Sermos Galiza o 15/02/2014

Isto foi o que me dixo un compañeiro e amigo cando se enterou do acordo que adoptou o Consello Nacional do BNG e que terá que ratificar a militancia en asembleas comarcais. Era de agardar a incomprensión dalgúns e o ataque desmedido doutros, mais o principal é si a decisión é coherente cos intereses e ideoloxía do Bloque Nacionalista Galego. Toca de novo un traballo argumentación ante o que queira escoitar e teña capacidade de análise propia. Seguir lendo

O debate liberal

liberal

Publicado en Sermos Galiza o 28/12/2013

En todo discurso que se precie dentro do ámbito da esquerda rupturista no pode faltar o ataque ás chamadas políticas neoliberais. Mais aqueles que se autodenominan como liberais insisten sistemáticamente en sinalar que nin a Unión Europea, nin Alemaña, nin tan siquera os Estados Unidos de América practican realmente políticas liberais. E non lles falta razón certamente. Eis a clave de que se empregue a definición de neoliberais, ainda que poderíamos empregar unha máis acaida, que é a de pseudoliberais. Non vou entrar en disquisicións e análises técnicas dos diferentes termos acuñados ao longo da Historia, xa que non són a persoa acaida nin é ése o obxectivo das miñas reflexións. Seguir lendo

Nada é política

debate_2

Publicado en Sermos Galiza o 23/10/2013

Sexa a conversa que sexa adoito por acabar falando de política É algo que levo nas venas, o necesito como o aire que respiro. Diríase que nacín para debatir, negociar, chegar a acordos e, sobre todo, soñar con que as cousas poden mudar para ben. Mais no momento en que vivimos este fervor desinteresado por xestionar o que se da en chamar o público cando queremos decir o de todos seica está mal visto porque un fato de sinvergonzas vestíronse coa apariencia de excelentes persoas cando non eran máis que un niño de víboras e ladróns. Non falemos si, ainda por riba, vas de cara identificando a túa orientación política. Seguir lendo