Vigo 2024

olimpiadas

Publicado no Sermos Galiza o 14 de setembro do 2013

Pasada a histeria colectiva na Meseta tras o novo fracaso da candidatura de Madrid como cidade olímpica, coido que vai sendo hora de exercer o orgullo colectivo galego e postular a cidade de Vigo como candidata. Temos todas as pezas fundamentais para poder optar a elo.

Á hora de ofertar infraestructuras sobredimensionadas podemos presumir do esplendoroso aparcadoiro de Peinador. Andares enteiros de formigón que agardan impacientes por milleiros de vehículos que nunca dan chegado. En todo caso, sempre podería reconvertirse en residencia olímpica, espazo hai de sombra. Mais un só exemplo non vai bastar para convencer ao olimpismo internacional, temos que ser quen de recuperar o proxecto de novo estadio para o Celta e contratar a Norman Foster para que engada detalles estéticos, deses que duplican o custe de execución de obra pero que permiten que sexa portada de prestixiosas publicacións como a revista de APROIN. Seguir lendo

Atallos

atallos

Publicado no Sermos Galiza o 22 de Agosto do 2013

Vivimos nun momento en que todo está en cuestión, esencialmente porque eleximos un xeito de vivir e convivir que fracasou estrepitosamente. Estamos ante a caida do que se da en chamar capitalismo pero como eu non sei nin o que é prefiro denominalo a era do individualismo. Trátase dunha sorte de liberalismo salvaxe que bebe, e abro paraugas, da anarquía. “Déixame, que eu ben sei o que podo o non podo facer”.

Con este modelo dominando sobre o da colectividade, desprestixiado éste por aqueles que caeron no autoritarismo, xurde a ferramenta do atallo. Ésa que todos e todas empregamos algunha vez e que nos fixo corresponsabilizarnos dos efectos producidos polo modelo egoista/individualista. Ferramenta que servirá para explicar múltiples situacións fracasadas: a organización económica e social, o mercado inmobiliario, a democracia española, a unión do nacionalismo galego… Seguir lendo

Vivenda protexida, D.E.P.

vpo

Artigo publicado en Sermos Galiza o dez de xuño do 2013

Vén de aprobarse o novo Plan Estatal de Vivenda 2013-2016, logo de ter rematada a vixencia do seu predecesor, o 2009-2012, que como a maioría de iniciativas do Goberno ZP estaba máis cargado de boas intencións que de solucións prácticas.

Certifícase en Madrid a defunción da vivenda protexida como se ten entendido até o de agora, o que leva á desaparición práctica da fórmula de acceso máis democrática e xusta que nos podamos imaxinar, as cooperativas.

Desaparece toda alusión a vivendas protexidas en propiedade, un feito que non sería malo de todo tendo en conta que o acceso á vivenda non ten que levar consigo a propiedade, mais non se establece período de transición algunha. En qué posición quedan as cooperativas de vivendas constituidas até o de agora que non executaron o seu proxecto? E as parcelas adxudicadas polas distintas administracións públicas que aindan non contan con declaración provisional? Seguir lendo

A revitalización do BNG – Comunicación

comunicacion

Publicado no Sermos Galiza o 1/02/2013

Saldo a conta pendente entorno ao proceso de revitalización iniciado polo BNG coas cuestións que considero de trascendental importancia, a comunicación entre organización e cidadanía. Algo que se define con acerto no texto oficial como a tentativa de vencer os muros da incomunicación.

No tocante aos referentes públicos do BNG, si non trasmiten a ilusión por mudar o país, si non viven a exercicio da política con paixón, dificilmente poderán xerar ilusión e paixón. Pero esa ilusión e paixón non se pode escenificar, debe ser sentida. O que non sexa quen de transmitir esas sensacións debe deixar paso a aqueles que sí o fagan. É cando menos paradóxico que o máis sinceiro de todos e todas sexa o primeiro en deixar paso a outras caras. Guillerme Vázquez é un dos nosos, non é elite política, é cidadán coma tí e coma eu. E fago unha paréntese para realizar unha crítica extensiva a toda a sociedade: actualmente está latente o descrédito aos mal chamados “profesionais da política”, mais no momento de exercer a acción política desinteresada non se atopan efectivos suficientes que estean dispostos a colaborar. Seguir lendo

A revitalización do BNG – Movementos sociais e organización

movemento social

Publicado no Sermos Galiza o 07/01/2013

Prometía no artigo anterior analizar a temática sobre a revitalización do BNG en dous artigos, mais finalmente as estratexias de traslación do noso traballo e ideas á sociedade ficarán reflexadas nun terceiro e último artigo, a cuestión penso que o merece. Xa que logo, continúo coas reflexións iniciadas, desta vez acometendo cuestións relacionadas entorno ás relacións cos movementos sociais e a organización interna.

Unha sociedade viva provoca a existencia de multiplicidade de colectivos e o achegamento dunha formación política debe ser a través da colaboración e a fuxida do partidismo. É algo tan esencial como que a base social do BNG estea conformada por persoas que proveñan doutros ámbitos que non sexan os estrictamente políticos. Existen nestes intres outras organizacións que pretenden asaltar os movementos sociais para enchelos de contido partidista, de oportunismo. É o camiño contrario ao correcto e non provoca máis que fracaso na procura do resultado desexable: a transformación social. Coido que o BNG sempre foi xeneroso nese eido, mesmo até á estupidez, realizando un traballo sin rédito político. É o camiño máis ingrato mais tamén o máis honesto. Seguir lendo

A crise xeróuna a burbulla inmobiliaria

Artigo publicado no Sermos Galiza o 10/11/2012

O título é evidente, non si? E logo porqué lle seguimos a dar voltas ao asunto? Onte suicidóuse Amaia Egaña en Barakaldo porque con cincoenta e tres anos ían desaloxala da SÚA casa por falta de pago. E recalco SÚA porque hai quen pensa que as entidades de creto poden facer o que lles pete.

Efectivamente, existe unha Lei Hipotecaria que hai que cumprir, mais non é a única. Que as entidades de creto impoñan a súa tasación, pagada polo comprador iso sí, que obriguen á contratación de seguros asociados á concesión da hipoteca e que no momento da execución hipotecaria volten a impoñer a tasación que lles é máis favorable son prácticas todas elas contrarias á lei. E logo porqué non vemos ningunha patrulla da Policía ou da garda Civil levando a rastras a banqueiros? Porque teñen o poder que xenerosamente lles fumos dando coa nosa inacción e a elección de políticos que non nos representan. Seguir lendo

De esquizofrenias, xenocidios e autocríticas

Artigo publicado no Sermos Galiza o 05/11/2012.

Si algo ten sido cíclico no BNG é a demanda de autocrítica e participación das bases. Mais nestas últimas datas semella que se viu transformando en reclamación de flaxelación pública. Semella que unha formación organizada nunha Asemblea Nacional na que participaron todos e todas o/as militantes que o desexaron non é todo o democrático que debera ser, así como a adopción de acordos por maioría. Os que pretenden condicionar as decisións do BNG califican as decisións asemblearias como erradas verdades absolutas. Mais as súas discrepancias, cando van máis aló da ocupación de cargos de representación, fican inmóviles e sin un mero asomo de alteración. Seguir lendo

21-O – Eleccións Autonómicas 2012 – A oportunidade do cambio

É ben sinxelo o título, ainda que non por elo falto de orixinalidade. Cada comicio electoral é unha oportunidade de cambio si así o quixera o eleitorado, mais cada vez pérdese a ocasión para que se efectivice. No 21-O esa posibilidade ten que materializarse porque sinón as consecuencias serán terribles.

Non hai que amezar co desastre como estratexia electoral, xa vivimos nel como consecuencia dun modelo neoliberal salvaxe. Un pobo ao que se lle priva literalmente de capacidade para decidir, relegado simplemente a un cambio de caras. Unhas institucións políticas que teñen que obedecer os dictados de instancias non democráticas e que buscan o enriquecemento persoal dos que as conforman. Pero o verdadeiro cancro deste modelo, a fórmula para o seu éxito na conquista dos espazos de decisión, é unha sociedade adormecida, anestesiada, impasiva, descreida. Esa pasividade leva á impunidade e cando ésta se convirte en costume desemboca no actual panorama social e político. Seguir lendo

Convención Nacional BNG

Nuns momentos en que se pretende transmitir unha imaxe de total derrumbamento da única forza política que fuxe do discurso homoxeneizado e presenta propostas alternativas, a celebración da Convención Nacional supoxo un soplo de aire fresco para a militancia do BNG en xeral e para os asistentes en particular. Desde a animación de Isabel Risco (Trendic Topic incluido) ata o himno galego cantado coralmente pasando pola actuación de Sés todo foi unha representación dun abrazo colectivo entre os que pensamos que a unidade de acción do nacionalismo pasa única e exclusivamente polo BNG. Seguir lendo

Unidade, lealdade e operatividade

Estas tres verbas definían o proxecto que Alternativa pola Unidade presentaba ante o/as militantes do BNG para o seu refrrendo. Era maio do 2009. Celebrábase no Palacio de Congresos de Compostela e a pesares de ser a primeira asemblea realizada polo métido do/as delegado/as, apenas cabíamos todo/as ni Auditorio Principal.

Onte se escinificou a derradeira farsa dun reducido sector do nacionalismo que interiorizou un discurso fondamente sementado nos mesmos medios de prensa que ningunean o discurso transformador do Bloque Nacionalista Galego. Non precisaron da Sala Santiago, cun aforo de arredor de mil seiscentas persoas, co Sala Obradoiro (aforo de catrocentas persoas) chegóulles de abondo. Un grupo de militantes que representaban entorno ao dez por cento dos asistentes á XIII Asemblea Nacional, apenas hai dez días, acadaban a suficiente repercusión mediática como para compartir portada coas revoltas en Grecia ou o lanzamento do Xatcobeo. Seguir lendo