En bloque, podemos

convencion-bngmaio

Publicado en Sermos Galiza o 08/06/2014

Levo militando no BNG cáseque vinte anos e ainda non cheguei aos corenta. Cando decidín dar o paso foi por un fenómeno similar ao que agora está a suceder con Podemos: líder ilusionante nunha formación contestataria que combate aos partidos clásicos asentados nas institucións e que non gobernan para a maioría. Daquel resplandor consolidóuse o proxecto firme que agora é o BNG. Por iso mesmo non debéramos caer na tentación de desprestixiar o fenómeno Podemos en troques de tirar conclusións que nos axuden a mellorar. A clave onde os procesos transformadores tenden a fallar é no paso do proxecto encabezado por un referente ao proxecto colectivo que crece en apoios e en base militante. Eles van a sufrir os mesmos atrancos que nós sufrimos, agora que están na cresta da ola. Arrimaránselle moitos, e non todos serán castos, puros e abertos ao diálogo. Terán que comezar a ter que tomar decisións entre opcións nas que ningunha será perfecta. Mais teñen un as na manga que nós non soubemos esgrimir convenientemente, a democracia participativa. Nalgunha ocasión xa teño sinalado a proposta reforma13 encabezada por Daniel Ordás, alguén que tamén aproveitou os focos de La Sexta para comezar unha opción renovadora. Que diferente sería si fósemos quen de que na Galiza tivésemos medios propios que chegasen á maioría da xente, verdade? Seguir lendo

Advertisement

De lo de ir con Bildu… ya hablaremos

Bildu

Publicado en Sermos Galiza o 15/02/2014

Isto foi o que me dixo un compañeiro e amigo cando se enterou do acordo que adoptou o Consello Nacional do BNG e que terá que ratificar a militancia en asembleas comarcais. Era de agardar a incomprensión dalgúns e o ataque desmedido doutros, mais o principal é si a decisión é coherente cos intereses e ideoloxía do Bloque Nacionalista Galego. Toca de novo un traballo argumentación ante o que queira escoitar e teña capacidade de análise propia. Seguir lendo

O debate liberal

liberal

Publicado en Sermos Galiza o 28/12/2013

En todo discurso que se precie dentro do ámbito da esquerda rupturista no pode faltar o ataque ás chamadas políticas neoliberais. Mais aqueles que se autodenominan como liberais insisten sistemáticamente en sinalar que nin a Unión Europea, nin Alemaña, nin tan siquera os Estados Unidos de América practican realmente políticas liberais. E non lles falta razón certamente. Eis a clave de que se empregue a definición de neoliberais, ainda que poderíamos empregar unha máis acaida, que é a de pseudoliberais. Non vou entrar en disquisicións e análises técnicas dos diferentes termos acuñados ao longo da Historia, xa que non són a persoa acaida nin é ése o obxectivo das miñas reflexións. Seguir lendo

Nada é política

debate_2

Publicado en Sermos Galiza o 23/10/2013

Sexa a conversa que sexa adoito por acabar falando de política É algo que levo nas venas, o necesito como o aire que respiro. Diríase que nacín para debatir, negociar, chegar a acordos e, sobre todo, soñar con que as cousas poden mudar para ben. Mais no momento en que vivimos este fervor desinteresado por xestionar o que se da en chamar o público cando queremos decir o de todos seica está mal visto porque un fato de sinvergonzas vestíronse coa apariencia de excelentes persoas cando non eran máis que un niño de víboras e ladróns. Non falemos si, ainda por riba, vas de cara identificando a túa orientación política. Seguir lendo

Vigo 2024

olimpiadas

Publicado no Sermos Galiza o 14 de setembro do 2013

Pasada a histeria colectiva na Meseta tras o novo fracaso da candidatura de Madrid como cidade olímpica, coido que vai sendo hora de exercer o orgullo colectivo galego e postular a cidade de Vigo como candidata. Temos todas as pezas fundamentais para poder optar a elo.

Á hora de ofertar infraestructuras sobredimensionadas podemos presumir do esplendoroso aparcadoiro de Peinador. Andares enteiros de formigón que agardan impacientes por milleiros de vehículos que nunca dan chegado. En todo caso, sempre podería reconvertirse en residencia olímpica, espazo hai de sombra. Mais un só exemplo non vai bastar para convencer ao olimpismo internacional, temos que ser quen de recuperar o proxecto de novo estadio para o Celta e contratar a Norman Foster para que engada detalles estéticos, deses que duplican o custe de execución de obra pero que permiten que sexa portada de prestixiosas publicacións como a revista de APROIN. Seguir lendo

Atallos

atallos

Publicado no Sermos Galiza o 22 de Agosto do 2013

Vivimos nun momento en que todo está en cuestión, esencialmente porque eleximos un xeito de vivir e convivir que fracasou estrepitosamente. Estamos ante a caida do que se da en chamar capitalismo pero como eu non sei nin o que é prefiro denominalo a era do individualismo. Trátase dunha sorte de liberalismo salvaxe que bebe, e abro paraugas, da anarquía. “Déixame, que eu ben sei o que podo o non podo facer”.

Con este modelo dominando sobre o da colectividade, desprestixiado éste por aqueles que caeron no autoritarismo, xurde a ferramenta do atallo. Ésa que todos e todas empregamos algunha vez e que nos fixo corresponsabilizarnos dos efectos producidos polo modelo egoista/individualista. Ferramenta que servirá para explicar múltiples situacións fracasadas: a organización económica e social, o mercado inmobiliario, a democracia española, a unión do nacionalismo galego… Seguir lendo

Listas abertas a debate (2 de 2)

asamblea_democracia_directa

Artigo publicado en Sermos Galiza o día 17 de xullo do 2013

Nada máis lonxe da miña atención co artigo anterior que desacreditar o sistema de listas abertas. Simboliza un paso adiante cara unha democracia participativa e, sobor de todo, integrada na sociedade. Porque aquí é onde fallan os sistemas, nas persoas que non participan na sociedade á que pertencen. De qué nos sirve unha democracia participativa si a sociedade está adormecida, é consentidora e só se moviliza por intereses egoistas? Seguir lendo

Listas abertas a debate (1 de 2)

falar

Artigo publicado en Sermos Galiza o día 20 de xuño do 2013

Co gallo da primeira Asemblea Nacional de Anova volveu á palestra o debate sobre a conveniencia ou non das listas abertas nun proceso electoral. Non é un debate novo, xurde cada vez que unha forza política se aproxima a unha Convención, Asemblea ou Congreso. PSOE, BNG e agora Anova teñen prantexado nalgunha ocasión esta posibilidade, mais non ten sido até este último caso no que finalmente se aprobou o seu uso, coido que precipitadamente e relatarei porqué. Seguir lendo

Vivenda protexida, D.E.P.

vpo

Artigo publicado en Sermos Galiza o dez de xuño do 2013

Vén de aprobarse o novo Plan Estatal de Vivenda 2013-2016, logo de ter rematada a vixencia do seu predecesor, o 2009-2012, que como a maioría de iniciativas do Goberno ZP estaba máis cargado de boas intencións que de solucións prácticas.

Certifícase en Madrid a defunción da vivenda protexida como se ten entendido até o de agora, o que leva á desaparición práctica da fórmula de acceso máis democrática e xusta que nos podamos imaxinar, as cooperativas.

Desaparece toda alusión a vivendas protexidas en propiedade, un feito que non sería malo de todo tendo en conta que o acceso á vivenda non ten que levar consigo a propiedade, mais non se establece período de transición algunha. En qué posición quedan as cooperativas de vivendas constituidas até o de agora que non executaron o seu proxecto? E as parcelas adxudicadas polas distintas administracións públicas que aindan non contan con declaración provisional? Seguir lendo

Os 104 do BNG

unidade

Publicado en Sermos Galiza o 27 de Abril do 2013

Celebróuse o primeiro Consello Nacional logo da profunda renovación practicada na XIV Asemblea Nacional e cun Portavoz Nacional de perfil moi alto e moi dialogante que, ademáis, non é nin será un profesional da política por ostentar ese cargo. Media de idade nos corenta e ún anos, paridade plena e cordialidade no debate. Un panorama diametralmente oposto ao que nos queren vender noutros medios.

A esquizofrenia que practican algúns ao redor do BNG é tal que os que eramos críticos co rumbo que estaba a tomar o BNG agora temos que defendernos dos erros daqueles que os cometeron pero que decidiron abandonar a formación ao non ser quen de hexemonizar o seu discurso fronte á rebeldía da militancia. Unha nova xeración loitaba por mudar o nacionalismo galego cunha postura crítica ao sistema namentres a súa propia formación loitaba por asimilarse ao mesmo. Seguir lendo