Non entenderon nada

SONY DSC

Publicado en Sermos Galiza o 16/12/2015

Chegou o momento decisivo que todos agardaban. Tras a eclosión do fenómeno 15M a política non voltou a ser a mesma. Cuestionóuse o sistema como tal e a idea de facer borrón e conta nova ilusionou a moita xente que tiña perdido a esperanza na capacidade da poboación en mudar as cousas. Seguir lendo

Advertisements

Horas previas á conclusión da XIII Asemblea Nacional do BNG

Hoxe Sábado comezou a XIII Asemblea Nacional do BNG. Unha oportunidade estupenda para toparse con  vellos compañeiros nacionalistas as que se lles perde a pista co tempo. Un momento tan boi coma calqueira outro para recargar as pilas, porque sabes que non estás só, que non és unha triste minoría que sempre nada a contra corrente, complicándose a vida cada vez que expresa a súa opinión discordante coa “tendencia”. Iso é ser e sentir o BNG, polo menos até non hai moito tempo. Seguir lendo

Reflexións entorno á entrevista a Beiras na Ser

Entre o final dunha plácida xunta de propietarios e a chegada á praia de Meira, tiven a ocasión de escoitar a entrevista que a cadea SER realizou a Xosé Manoel Beiras o pasado Domingo. O meu tocaio (como pode lerse na adicatoria que tiven o pracer de obter na lonxana Asemblea Nacional do BNG celebrada en Ferrol e á que asistín, daquela, como convidado) sondeou a situación do BNG. O bloque é a súa casa, non no sentido dun propietario, sinón do punto de vista do arquitecto. Non se pode entender a existencia do BNG e os seus éxitos sin a figura do Beiras.

Pero ese pasado e aqueles tempos gloriosos non dan nin quitan razóns. Beiras hai tempo que ten acusado o escaso respaldo que a militancia lle deu cando lanzou un pulso á Executiva Nacional. Lamentablemente, éses que tanto abrían a boca situándoo nun pedestal, á hora de darlle un respaldo cando o precisaba, calaron ou simplemente non apareceron. Seguir lendo