Entre o final dunha plácida xunta de propietarios e a chegada á praia de Meira, tiven a ocasión de escoitar a entrevista que a cadea SER realizou a Xosé Manoel Beiras o pasado Domingo. O meu tocaio (como pode lerse na adicatoria que tiven o pracer de obter na lonxana Asemblea Nacional do BNG celebrada en Ferrol e á que asistín, daquela, como convidado) sondeou a situación do BNG. O bloque é a súa casa, non no sentido dun propietario, sinón do punto de vista do arquitecto. Non se pode entender a existencia do BNG e os seus éxitos sin a figura do Beiras.
Pero ese pasado e aqueles tempos gloriosos non dan nin quitan razóns. Beiras hai tempo que ten acusado o escaso respaldo que a militancia lle deu cando lanzou un pulso á Executiva Nacional. Lamentablemente, éses que tanto abrían a boca situándoo nun pedestal, á hora de darlle un respaldo cando o precisaba, calaron ou simplemente non apareceron. Seguir lendo