Nin público nin privado, comunal ou cooperativo

Nin público nin privado, comunal ou cooperativo

Publicado en Sermos Galiza o 19 de Outubro de 2017.

Unha vez máis o xogo das responsabilidades xogou ao partido de pasarse a pelota entre o público e o privado. Arderon os montes do noso país e os focos puxéronse na nefesta política forestal da Xunta de Galiza e na suposta falta de coidado das propiedades forestais. Poderiamos concluir, logo, dun xeito interesado, que tanto a xestión pública como a privada foron ineficaces e culpábeis. Mais sería unha análise simplista, xa que o modelo de por si non determina a súa eficacia ou non.

Seguir lendo

Advertisement

A crise xeróuna a burbulla inmobiliaria

Artigo publicado no Sermos Galiza o 10/11/2012

O título é evidente, non si? E logo porqué lle seguimos a dar voltas ao asunto? Onte suicidóuse Amaia Egaña en Barakaldo porque con cincoenta e tres anos ían desaloxala da SÚA casa por falta de pago. E recalco SÚA porque hai quen pensa que as entidades de creto poden facer o que lles pete.

Efectivamente, existe unha Lei Hipotecaria que hai que cumprir, mais non é a única. Que as entidades de creto impoñan a súa tasación, pagada polo comprador iso sí, que obriguen á contratación de seguros asociados á concesión da hipoteca e que no momento da execución hipotecaria volten a impoñer a tasación que lles é máis favorable son prácticas todas elas contrarias á lei. E logo porqué non vemos ningunha patrulla da Policía ou da garda Civil levando a rastras a banqueiros? Porque teñen o poder que xenerosamente lles fumos dando coa nosa inacción e a elección de políticos que non nos representan. Seguir lendo