Crise do sistema ou da sociedade?

soc-civil

Publicado en Sermos Galiza o 7 de marzo do 2013

Atopámonos nun momento crítico na nosa sociedade. Todo está en cuestión mais nada semella mudar. As antiguas fórmulas demostráronse inválidas pero as reforzamos ante cada decisión tomada para atallar a crise. Logo, qué é o que nos está a pasar? Non pretendo dar coa solucións, mais si instar a que reflexionemos en conxunto co fin de que a vontade colectiva atope o camiño correcto.

Ainda está fresco na memoria o proceso electoral vivido en Galiza, o resultado foi convulso por sorprendente e porque non afectou ao partido no Goberno do xeito que poderíamos agarda si a maioría da sociedade quixera de verdade facer borrón e conta nova. Engadamos á ecuación transcurrido o tempo voltamos a ter que falar de enquisas en medios de prensa. Seguir lendo

Advertisement

Unidade, lealdade e operatividade

Estas tres verbas definían o proxecto que Alternativa pola Unidade presentaba ante o/as militantes do BNG para o seu refrrendo. Era maio do 2009. Celebrábase no Palacio de Congresos de Compostela e a pesares de ser a primeira asemblea realizada polo métido do/as delegado/as, apenas cabíamos todo/as ni Auditorio Principal.

Onte se escinificou a derradeira farsa dun reducido sector do nacionalismo que interiorizou un discurso fondamente sementado nos mesmos medios de prensa que ningunean o discurso transformador do Bloque Nacionalista Galego. Non precisaron da Sala Santiago, cun aforo de arredor de mil seiscentas persoas, co Sala Obradoiro (aforo de catrocentas persoas) chegóulles de abondo. Un grupo de militantes que representaban entorno ao dez por cento dos asistentes á XIII Asemblea Nacional, apenas hai dez días, acadaban a suficiente repercusión mediática como para compartir portada coas revoltas en Grecia ou o lanzamento do Xatcobeo. Seguir lendo