Nuns momentos en que se pretende transmitir unha imaxe de total derrumbamento da única forza política que fuxe do discurso homoxeneizado e presenta propostas alternativas, a celebración da Convención Nacional supoxo un soplo de aire fresco para a militancia do BNG en xeral e para os asistentes en particular. Desde a animación de Isabel Risco (Trendic Topic incluido) ata o himno galego cantado coralmente pasando pola actuación de Sés todo foi unha representación dun abrazo colectivo entre os que pensamos que a unidade de acción do nacionalismo pasa única e exclusivamente polo BNG. Seguir lendo
Guillerme Vázquez
Conclusión da XIII Asemblea Nacional do BNG
Sempre se dí que os políticos son o fiel reflexo da sociedade que os elixe e o BNG, como forza democrática na súa organización, non deixou esta fin de semana de expresar numéricamente unha polarización que se está a vivir en demasiados eidos da nosa vida. Afortunadamente sempre hai unha terceira vía que alumea a esperanza de que non todo é branco ou negro e que non debemos radicalizar as nosas ideas para sentirnos arroupados nun colectivo maioritario. Seguir lendo