Tiña certo reparo en abandonar a distro Trisquel 2.1 porque é 100% software libre e porque naceu na Universidade de Vigo e sempre hai que tirar para a casa, sobre todo si tamén está 100% en galego. Pero resulta que mirei nalgún sitio que a comunidade de traducción de Kubuntu ao galego esta terceira no Mundo, cun 99% de traducción. Sempre quixen probar o escritorio KDE, así que sumado á frustración de non poder solucionar o problema para imprimir arquivos pdf por culpa dun conflicto co Apple Bonjour, tiña todos os factores para dar o paso. Non podo ocultar que activar os efectos 3D tamén eran un caramelo moi apetecible que podería deixar parvos a moitos usuarios de Windows. Seguir lendo