O 15-M deixa pegada

la_ola

Artigo publicado no Sermos Galiza o 5 de decembro do 2012

Moito se ten falado do impacto do 15-M no panorama político galego, sobor de todo na falta de adecuación ao fenómeno por parte de PSOE e BNG. Na confluencia de 15-M co BNG é cara onde dirixirei a miña mirada, por ter vivido en primeira persoa ambas experiencias.

Cando o fenómeno do 15-M estoupou foi toda unha sorpresa, mesmo para os organizadores da manifestación. A rede enchéuse de cartaces, proclamas e apoios mediante envíos masivos de correos electrónicos, rechíos e “gústame”. Nada fora do normal, múltiples convocatorias tiñan aparecido anteriormente sin apenas repercusión. Mais daquela vez non foi o mesmo. Masivamente a cidadanía decidiu que xa era hora de deixar a desidia aparcada. Seguir lendo

Advertisements