O 12 de agosto cúmprense 34 anos do asasinato do militante da UPG Moncho Reboiras por parte da policía franquista en Ferrol. Desta vez, coincidindo coa conmemoración do cabodano, a UPG e a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas presentarán unha escolma de artigos coa que homenaxearán a Reboiras.
Ademais de retratar a imaxe persoal e o anecdotario do que fora militante da UPG, o libro, escrito por persoas que estabeleceron trato con Reboiras ou que compartiron con el o contexto político da época, tamén explora a importancia do nacionalismo galego entre o 1968 e 1975. (Extraido de A Nosa Terra).