Deixéime enredar esta semana e acabei revisitando a tertulia política de V Televisión, ainda estou arrepentíndome, porque provocou en mín tantos sentimentos e reflexións que me está a desviar do camiño que tiña pensado trazas tras o 20D.
nacionalismo
A voltas coas reunificación do nacionalismo
Publicado en Sermos Galiza o 20/11/2014
Lía hai uns días no Sermos un artigo de opinión do compañeiro Antón Tenreiro, que reflexionaba arredor da idea dunha “Asamblea Nacional Galega”. Ademáis de entender que a nomenclatura é demasiado semellante á empregada en Catalunya e a que existe unha “a” de máis e unha “e” de menonos, a miña discrepancia é sobre a idea de que unha “Asemblea Nacional Galega” sexa hoxe a solución á división do nacionalismo galego. Seguir lendo
Nacionalismo e municipalismo
Publicado en Sermos Galiza o 29 de marzo do 2013
Recollo o reto prantexado nun comentario dun artigo anterior sobre os feitos que rodean ao nacionalismo nos concellos logo do cambio de panorama político galego. E como agora sí que toca, podo decir sin temor á reprobación por elo que aquél que abandona a formación política pola que foi elexido e conserva o seu cargo denomínase tránsfuga. E logo, qué se pode facer cando antigos compañeiros e compañeiras cos que pasaches multitude de dificultades, que creías sinceiros e honestos, de súpeto adoptan actitudes máis propias dun concelleiro enoxado do PP porque non lle tocou a súa parte do pastel? Seguir lendo