Paseime a Kubuntu 9.04

Tiña certo reparo en abandonar a distro Trisquel 2.1 porque é 100% software libre e porque naceu na Universidade de Vigo e sempre hai que tirar para a casa, sobre todo si tamén está 100% en galego. Pero resulta que mirei nalgún sitio que a comunidade de traducción de Kubuntu ao galego esta terceira no Mundo, cun 99% de traducción. Sempre quixen probar o escritorio KDE, así que sumado á frustración de non poder solucionar o problema para imprimir arquivos pdf por culpa dun conflicto co Apple Bonjour, tiña todos os factores para dar o paso. Non podo ocultar que activar os efectos 3D tamén eran un caramelo moi apetecible que podería deixar parvos a moitos usuarios de Windows. Seguir lendo

Advertisement

Skype en GNU/Linux

Moitos poden pensar que como GNU/Linux é un S.O. libre nel non poden funcionar famosísimos programas que habitualmente funcionan en Windows. Pois nada máis lonxe da realidade e un dos casos máis claros é o Skype. Este programa de comunicación é sen dúbida o mellor dos que hai na rede, dalle mil voltas ao messenger pola calidade de imaxe e de són, polas tarifas a teléfonos fixos e sobre todo porque non é de Microsoft. Seguir lendo