Onte se publicou no DOGA a listaxe de subvencións a medios de comunicación:
La Voz: 996.195 €.
Faro de Vigo: 397.357 €.
Xornal: 1.739 €.
A Nosa Terra: cero patatero.
Sin comentarios, os criterios deberon ser: criticar o decreto eólico, de 0 a 100 ptos.
Unha mostra, desta vez nas emisoras de radio:
SER (só ten unha emisora propia en Santiago, as demáis, como Radio Vigo, son propiedade doutros cos que chegou a acordos): 12.011 €.
Radio Vigo (a canle más escoitada en Vigo e a súa área de influencia): 13.558 €.
Radio Popular: 43.990 €.
Radiovoz (primeiro obtivo infinidade de licencias e logo vendeu todas menos sete – entre elas a do Val Miñor – a Onda Cero por unha millonada): 8.249 €.
Non poño os datos do EGM ou OJD ao lado porque para todos xa é evidente que calqueira relación cos mesmos é pura fantasía, non digamos xa o uso do galego.
E logo criticamos a Chavez porque pecha canles de televisión, pois será dictador pola falta de sutileza das súas accións.