Vigo 2024

olimpiadas

Publicado no Sermos Galiza o 14 de setembro do 2013

Pasada a histeria colectiva na Meseta tras o novo fracaso da candidatura de Madrid como cidade olímpica, coido que vai sendo hora de exercer o orgullo colectivo galego e postular a cidade de Vigo como candidata. Temos todas as pezas fundamentais para poder optar a elo.

Á hora de ofertar infraestructuras sobredimensionadas podemos presumir do esplendoroso aparcadoiro de Peinador. Andares enteiros de formigón que agardan impacientes por milleiros de vehículos que nunca dan chegado. En todo caso, sempre podería reconvertirse en residencia olímpica, espazo hai de sombra. Mais un só exemplo non vai bastar para convencer ao olimpismo internacional, temos que ser quen de recuperar o proxecto de novo estadio para o Celta e contratar a Norman Foster para que engada detalles estéticos, deses que duplican o custe de execución de obra pero que permiten que sexa portada de prestixiosas publicacións como a revista de APROIN. Seguir lendo