As invisíbeis consecuencias do non goberno

As invisíbeis consecuencias do non goberno

Publicado en Sermos Galiza o 21 de Maio de 2016.

Cun Goberno Estatal en funcións estivo en primeiro plano a prórroga da concesión a ENCE en Pontevedra, mais existen outras invisíbeis consecuencias que non acaparan titulares, que non teñen cabida nos discursos que están tan de moda. Por iso gustaríame visibilizar un caso en concreto, que non é que sexa o máis importante nin o máis grave, mais sí que é o máis cercano e coñecido por mín, polo feito de ser directamente implicado.

Seguir lendo

Titulares que levan a engano

fondo

Publicado en Sermos Galiza o 4/7/2015

Chegóume polas redes socias, como hoxe chegan a maioría destas cousas, un artigo dun xornal dixital español  no que se mencionaba que un fondo voitre subira o auga quente e a calefacción máis dun douscentos por cen a uns inquilinos de vivendas protexidas que a Comunidade de Madrid vendéralles. Seguir lendo

A crise xeróuna a burbulla inmobiliaria

Artigo publicado no Sermos Galiza o 10/11/2012

O título é evidente, non si? E logo porqué lle seguimos a dar voltas ao asunto? Onte suicidóuse Amaia Egaña en Barakaldo porque con cincoenta e tres anos ían desaloxala da SÚA casa por falta de pago. E recalco SÚA porque hai quen pensa que as entidades de creto poden facer o que lles pete.

Efectivamente, existe unha Lei Hipotecaria que hai que cumprir, mais non é a única. Que as entidades de creto impoñan a súa tasación, pagada polo comprador iso sí, que obriguen á contratación de seguros asociados á concesión da hipoteca e que no momento da execución hipotecaria volten a impoñer a tasación que lles é máis favorable son prácticas todas elas contrarias á lei. E logo porqué non vemos ningunha patrulla da Policía ou da garda Civil levando a rastras a banqueiros? Porque teñen o poder que xenerosamente lles fumos dando coa nosa inacción e a elección de políticos que non nos representan. Seguir lendo