A voltas coas reunificación do nacionalismo

reunificacion_deuda_consejos1

Publicado en Sermos Galiza o 20/11/2014

Lía hai uns días no Sermos un artigo de opinión do compañeiro Antón Tenreiro, que reflexionaba arredor da idea dunha “Asamblea Nacional Galega”. Ademáis de entender que a nomenclatura é demasiado semellante á empregada en Catalunya e a que existe unha “a” de máis e unha “e” de menonos, a miña discrepancia é sobre a idea de que unha “Asemblea Nacional Galega” sexa hoxe a solución á división do nacionalismo galego.

Explícome. Ou sexa, a solución ao nacionalismo galego é que a única forza nacionalista seria, cun proxecto elaborado e coa suficiente base social militante como para practicar a horizontalidade nas súas decisións renuncie ao seu nome para que se integren grupos máis ou menos desorganizados, electoralmente residuais, que racharon precisamente a unidade existente e que demostraron en moi curto espazo de tempo a súa incapacidade de xestión e organización?

Non digo que a idea estea ben ou mal, digo que as feridas son demasiado fondas e recentes e como os que cometeron os erros siguen sin recoñecelos e sin reparar o dano á unidade nin á ética política dificilmente pode tentarse unha reunificación sin perder completamente a credibilidade.

Unha vez Don Xosé Manoel dixo que o BNG o que tiña que facer é disolverse, entre outras das maravillosas e fermosas lindezas que nos ten brindado ao longo deste últimos tempos. É curioso, porque el está a actuar como un eficiente corrosivo na disolución do seu suposto proxecto transformador.

E no caso dos socialdemócratas, cada resultado vén a demostrar que o espazo electoral da moderación é residual e non acaido á realidade galega. E por lexítima que sexa esa opción, que o é, sempre estivo e estará presente no debate asembleario dentro do BNG. Incluso, non compartindo as súas premisas, entendo que é enriquecedor de cara á conformación do discurso xeral do BNG fronte á sociedade. Xa que logo, é moito máis útil no seo da fronte que individualmente.

O teño comentado por activa e por pasiva, entrei no BNG grazas ao proxecto ilusionante e, sobre todo, pola imaxe contestataria do seu, daquela, portavoz. Tamén abandonei a militancia activa durante o proceso moderador que viviu. Mais nunca deixei de entender que o BNG é necesario e que non pode renunciar ao que é nin ao que foi. Tócanos, logo, lamber as feridas e tentar non cometer os mesmos erros. Mais estes erros, compartidos por aqueles que os cometeron e por aqueles que os consentimos, non obrigan á disolución. Moi ao contrario, obrigan á rexeneración desde a base, para que cada militante poda decir con orgullo no bar, na sobremesa das fins de semana ou sexa onde sexa “eu són do benegá”. Sorprenderíanos a cantidade de xente que hoxe, a pesares dos contínuos ataques e intentos de desprestixio, o sigue a decir e nin siquera militaron nin asistiron a unha asemblea nosa nin unha soa vez.

Ogallá estea trabucado e. efectivamente, un proceso de reconstrucción do espazo nacionalista nos permitise recuperar o protagonismo que Galiza precisa. Mais entendo que hoxe isto non é posible.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s